A multinacional anunciou outras catro estacións preto de Galicia, en Oviedo, Ponferrada, Braga e Vila Real. Imaxe: Tesla.com.

A multinacional anunciou outras catro estacións preto de Galicia, en Oviedo, Ponferrada, Braga e Vila Real. Imaxe: Tesla.com.

Tesla anuncia a apertura de tres ‘supercargadores’ en Santiago, Lugo e Verín

O fabricante de vehículos eléctricos sinala que as novas estacións en Galicia estárán dispoñibles antes de finais de 2018

Galicia ampliará moi pronto  a súa rede de cargadores de vehículos eléctricos Tesla. A multinacional, que xa dispón de cinco estacións de carga en destino nos complexos hoteleiros da Casona da Labrada (A Pontenova), A Quinta da Auga e Hostal dos Reis Católicos (Santiago de Compostela), Reitoral de Ansemil (Celanova) e o hotel O Camiño (O Barco de Valdeorras) anunciou este luns a apertura de doce novos ‘supercargadores’ en España. E tres deles estarán en Galicia.

As estacións estarán preto da A-6, A-52 e o Corredor do Cantábrico

Santiago de Compostela, Lugo e Verín serán os tres municipios onde se ubicarán estas novas estacións. Os supercargadores Tesla son cargadores de corrente continua que permiten encher rapidamente a batería do vehículo antes de continuar a viaxe. Poden recargar en menos dunha hora a enerxía suficiente para continuar o traxecto en rutas largas.

Estes futuros supercargadores estarán dispoñibles, segundo a web de Tesla, a finais de 2018. Aínda non se coñece a ubicación exacta. Non en tanto, nalgúns foros menciónanse como posibles emplazamentos a área de servizo O Viaxeiro, na A-52, en Riós, no enlace coa autovía de Portugal, e a Ruta Esmeralda, en Baamonde, no nudo entre a A-6 e a Autopista do Cantábrico.

Ademais dos ‘supercargadores’ situados en Galicia, a multinacional prevé abrir próximamente estacións moi cercanas. Este ano estará operativa unha en Ponferrada, e o ano que vén poñeranse en servizo en Oviedo, Braga e Vila Real.

A maiores, en Galicia xa existen catro estacións de carga en destino. Estes cargadores, no marco da estratexia comercial de Tesla, adoitan situarse en establecementos hoteleiros, co fin de que os propietarios poidan cargar a batería do seu vehículo mentres pernoctan.

Unha fábrica de Tesla en Galicia?

Desde que Elon Musk, propietario da empresa, anunciara a futura apertura dunha fábrica de Tesla en Europa, todo o continente deveceu por acollela e numerosos países ofrecéronse para albergala. En Galicia, o propio conselleiro de Economía, Francisco Conde, manifestaba que a Xunta ía poñer “todos os instrumentos” ao seu alcance para a posible ubicación dunha fábrica de coches eléctricos da firma californiana Tesla Motors. Non en tanto, a competencia é moi dura, xa que países referentes da automoción como Suecia, Alemania e Reino Unido manifestaron a súa disposición.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.