Organizadores e representantes políticos, na presentación do Tek-Fest. Foto: Cristina Andrés Pontanilla.

Organizadores e representantes políticos, na presentación do Tek-Fest. Foto: Cristina Andrés Pontanilla.

Patrimonio e tecnoloxía danse a man no Tek-Fest de Pontevedra

O festival celebrarase entre o 25 e o 30 de setembro no museo provincial, con obradoiros, conferencias e actividades de todo tipo

As novas tecnoloxías ofrecen unha grande oportunidade para desenvolver o potencial do patrimonio cultural de Galicia. Arredor desta idea xira o Tek-Fest, unha feira que busca facer visible a relación entre a tecnoloxía e o patrimonio. Realidade virtual, artesanía dixital, fotografía inmersiva ou innovación aplicada ao deseño de tecidos son algunhas das disciplinas que se abordarán no evento. A feira está organizada polo Concello de Pontevedra, a Deputación provincial e a Universidade de Vigo.

Entre outras actividades, no Tek-Fest celebrarase a primeira Mostra Internacional de Realidade Virtual e Patrimonio, cunha selección de seis pezas, ademais dos resultados dun obradoiro de imaxes 3D que se realizou en Pontevedra. Poderanse ver, por exemplo, proxectos feitos en Estados Unidos, México, Polonia ou España, ademais do arquivo estereoscópico de fotografías antigas da Biblioteca Pública de Nova York.

Outro dos puntos clave do festival será a homenaxe aos pioneiros da tecnoloxía en Galicia ao longo do século XX. Será recoñecido no festival o inventor compostelán Juan Portela Seijo, creador do Organ Sound, un altavoz modular inspirado nos órganos da catedral de Santiago. O día 29 presentarase unha nova versión do aparello, deseñada polo artista Miguel Espada, e poderase escoitar o instrumento nunha sesión de música electrónica. Ademais o sábado haberá un concerto de piano que se escoitará tamén co Organ Sound.

Outra das convidadas do evento é a artista téxtil Arantza Vilas, viguesa afincada no Reino Unido, onde investiga e desenvolve novos tecidos e superficies empregadas en superproduccións como Xogo de Tronos ou Os tres mosqueteiros. Dará unha conferencia o mércores 27 e durante toda a semana impartirá o obradoiro “Calor e memoria”.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.