O acoso escolar é un dos principais problemas que afrontan os educadores.

O acoso escolar é un dos principais problemas que afrontan os educadores.

Social Defender, a solución galega contra o acoso escolar

A ferramenta, creada por alumnos da UVigo analiza, as redes sociais para detectar posibles casos de abuso no eido educativo

Dez proxectos galegos foron seleccionados pola Fundación Telefónica entre os 126 finalistas do programa formativo Think Big, dirixido a aumentar as oportunidades laborais dos mozos e mozas de entre 15 e 30 anos. Para participar, é preciso presentar unha idea innovadora que utilice as competencias dixitais, co obxectivo de “aprender facendo” e desenvolver cadansúa idea empresarial.

Entre as ideas galegas destaca Social Defender, creada por Ahmed Anadi e Diego Fontán, unha ferramenta que fai un seguimento en tempo real das redes sociais para detectar casos de acoso escolar e abuso por parte dun usuario ou grupos de usuarios contra outra persoa. A través dun sistema de alertas no teléfono móbil, o usuario pode saber se foi insultado, aínda sen ter sido mencionado.

Esta proposta foi seleccionada no evento HackforGood, celebrado en Vigo no mes de marzo, onde resultou gañadora xunto a “Comprimir para vivir, unha idea baseada nun sistema de almacenamento de enerxía baseado en aire comprimido, con capacidade para substituír a elementos contaminantes, como as baterías, ofrecendo así unha enerxía limpa, autónoma, sostible e duradeira.

Dez proxectos galegos, finalistas

Amais destes dous proxectos, que accederon directamente desde HackForGood, a Fundación Telefónica escolleu a outras oito iniciativas con selo de mozos e mozas galegas para pasar ao Nivel 1 do programa. Son “En busca da felicidade”, de Cintia Loira e Aarón Mallo, que propón a creación dunha web para mellorar a calidade de vida dos enfermos, poñéndoos en contacto con médicos e asociacións de pacientes; “ATúlado”, ideado por Arturo Vargas, que pon en contacto aos usuarios con acompañantes terapéuticos; “Pdstrapp”, de Brais Piñeiro, unha aplicación que ofrece descontos e recompensas aos usuarios que se despracen pola cidade a pé, en bicicleta ou por outros medios alternativos; “AlNAtur”, de Alejandro Vargas, que pon en contacto a produtores hortícolas e consumidores; “Carry App”, de Daniel Rodríguez, que propón unha aplicación para enviar ou recibir mercadorías a través dun grupo de usuarios dispostos a transportalas a cambio dunha contraprestación económica; “Impresión-Arte”, impulsada por Iago Lage, baseada na divulgación da impresión en 3D; “As drogas e a esquizofrenia”, de Ana Pintané, unha campaña que incide nos efectos do cannabis na saúde mental; e “DesenREDAndo”, de Laura Vela, que busca formar a pais, nais, alumnos e profesores no uso das ferramentas dixitais e as redes sociais.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.