Skype Traslator xa está dispoñible para voz en portugués brasileiro.

Skype Traslator xa está dispoñible para voz en portugués brasileiro.

Skype incorpora un tradutor simultáneo en portugués

Traduce automáticamente a voz nas videoconferencias e convértese na sétima lingua con este servizo

A plataforma de comunicaciones Skype vén de estrear soporte para o idioma portugués brasileiro, co que chega xa a sete linguas: inglés, francés, alemán, italiano, mandarín, español e portugués. A función de tradución está dispoñible a través de Skype para Windows no escritorio.

A novidade permitirá aos falantes de portugués comunicarse con calquera persoa do mundo independentemente do idioma que falen. A elección do portugués brasileiro débese a que é un dos idiomas máis utilizados no mundo a día de hoxe, segundo apuntan dende o anundio oficial da plataforma.

Ademais, tampouco hai que esquecer que Skype Translator conta con cincuenta idiomas para traducións de textos na súa función de mensaxería instantánea. Así que nunha comunicación por texto a tradución funcionaría con cincuenta linguas distintas.

Skype Translator está dispoñible de balde para a súa descarga para Windows. Como non podía ser doutra maneira, desde o propio servizo convídase os usuarios a contar coa última versión de Skype de escritorio para Windows, tanto aqueles que teñan versións anteriores como aqueles que aínda non desen o paso de instalarse a súa nova versión de escritorio.

Aínda non hai un Skype Translator simultáneo para videoconferencias, pero o portugués brasileiro pode ser un paso máis para poder comunicarte en calquera idioma no futuro sen deixar a lingua de Rosalía.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.