Os enxeñeiros fundadores de Situm Technologies, na presentación da empresa.

Os enxeñeiros fundadores de Situm Technologies, na presentación da empresa.

Situm Technologies, a spin-off para non perderse

Tres enxeñeiros fundan dende Santiago unha empresa para xeolocalización con móbiles que xa ten como cliente a Telefónica

O CiTIUS presentou oficialmente Situm Tecnhologies, a startup galega dedicada ao deseño e desenvolvemento de sistemas de localización en interiores. Os fundadores da compañía, que en febreiro formalizaban coa USC o acordo oficial que converte a esta empresa nunha nova spin-off do centro, expuxeron ante os asistentes as liñas mestras da súa estratexia comercial, os obxectivos e os éxitos obtidos pola empresa ata agora.

Logotipo de Situm.

Logotipo de Situm.

Situm Technologies’, proxecto baseado en técnicas de xeolocalización sobre dispositivos móbiles, fundouse en febreiro de 2014 e só tres meses máis tarde consigue a cualificación de IEBT (Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica) da Xunta de Galicia. Dende entón obtivo recoñecementos como o primeiro Premio Nacional na V Edición de YUZZ, o primeiro Premio na I Edición de Galicia Open Future ou o Premio Smart Ideas do proxecto SmartCity da Coruña, ademais de figurar entre os gañadores do Elevator Pitch Singularity University, consolidándose así como unha das tres startups españolas con maior potencial no ámbito dos smartphones e a mobilidade en pouco máis de seis meses.

A empresa conta co apoio do fondo de investimento UNIRISCO e actualmente proporciona xa a súa tecnoloxía de localización en interiores a Telefónica, no marco dun concurso público para o desenvolvemento dunha app que se integrará en 22 edificios do Sergas. Así mesmo, traballa noutros grandes proxectos en paralelo, co obxectivo de introducir a súa tecnoloxía tanto no ámbito estatal como no estranxeiro.

Permite localizar un produto nun hipermercado ou facer de guía nun museo

Situm fundárona tres estudantes que se coñeceron durante a súa etapa predoutoral mentres desenvolvían as súas teses no CiTIUS. Cristina Gamallo e Víctor Álvarez son enxeñeiros informáticos e doutores en Tecnoloxías da Información pola USC, mentres que Adrián Canedo é enxeñeiro de Telecomunicacións pola UVigo e está a piques de defender a súa tese no centro.

Como explicaron a presentación, os tres identificaron durante a súa etapa no CiTIUS as oportunidades de negocio que brindaba a creación dunha tecnoloxía multisensorial de localización e navegación, que permite localizar un dispositivo móbil (smartphone ou wearable) nunha gran superficie. Un sector incipiente pouco explorado, con posibilidades que abranguen dende a navegación e localización dun produto nun hipermercado ata a creación dunha ruta personalizada coa opción de obter información adicional, por exemplo, nun museo.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.