Xoves 28 Marzo 2024

Sae á luz o deseño do novo monopraza da UVigo

A escudaría UVigo Motorsport, formada por máis de vinte estudantes da Escola de Enxeñaría Industrial, desvelou onte o seu segredo máis agardado. A través das súas redes sociais publicaron a maqueta en 3D do monopraza UM16, co que competirán por segundo ano consecutivo na Formula Student, o torneo interuniversitario de automovilismo máis importante de Europa.

O novo monopraza será máis lixeiro e ten avances na aerodinámica e electrónica

O novo monopraza, segundo comentan desde a escudería, inclúe un novo sistema de aerodinámica e importantes avances no equipamento electrónico. Ademais, o bólido terá un monocasco de fibra de carbono, desenvolvido pola empresa Castro Composites, que rebaixará o peso total do vehículo. Nas vindeiras semanas, desde UVigo Motorsport irán desvelando máis detalles sobre as diferentes partes do vehículo e realizarán a presentación en sociedade do UM16. No proceso de deseño e construción participaron outras empresas como GKN, creadora da transmisión; Precisgal e Europrecis, que realizaron algunhas das pezas do mecanizado, e Skillful, que tamén colaborou na construción do casco. En total, máis de trinta empresas colaboran co proxecto a través de doazóns de material e patrocinio.

Publicidade

Parte traseira do monoplaza.
Parte traseira do monopraza.

Despois de varios meses de posta a punto, o coche deberá quedar listo durante este mes de xullo, xa que a escudaría ten previsto competir en dúas probas: do 2 ao 6 de agosto no circuíto checo de Hradec Králové, e do 24 ao 28 do mesmo mes, no trazado de Montmeló, en Barcelona. Este ano disporán dun orzamento de 85.000 euros, fronte aos 65.000 do ano pasado. Aínda así, quedan moi lonxe das cifras que manexan algunhas universidades austríacas e alemás, con máis dun millón de euros ao seu dispor.

Na Formula Student, os equipos deben afrontar todo o proceso de produción dun monoplaza, desde o deseño ata as súas aptitudes no circuíto, pasando pola fabricación, o plan de negocio do proxecto, as características aerodinámicas ou o consumo de combustible, entre outros factores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cunchas de moluscos, as grandes aliadas do sector da bioconstrución

A empresa Extraco promove o emprego de materiais de orixe biolóxica para a fabricación de morteiros ou formigóns

Un científico galego descobre os poderes do veleno de avespa contra as superbacterias 

César de la Fuente: “O logro abre novas portas para deseñar novos antibióticos inspirándonos nos velenos do mundo natural"

Unhas xornadas afondan en como creatividade e innovación xeran un futuro máis sostible

Celebraranse este mércores 24 na Casa das Campás, en Pontevedra, ao abeiro do programa "Ciencia de ida e volta" impulsado pola UVigo

Deseñando o vehículo do futuro 

A incubadora de automoción de Zona Franca busca iniciativas que lanzar ao mercado, tras impulsar en e dous anos 14 empresas e 8 prototipos