A demanda de Canal Plus logrou do xuíz o peche cautelar de Rojadirecta, nacida en Arteixo e valorada en 112 millóns.

A demanda de Canal Plus logrou do xuíz o peche cautelar de Rojadirecta, nacida en Arteixo e valorada en 112 millóns.

Rojadirecta deixa de emitir

A web do galego Igor Seoane cumpre o auto xudicial que decreta o seu peche e suspende a súa actividade

Igor Seoane, o galego que puxo contra as cordas aos grandes grupos de comunicación, cumpriu coa súa obrigación de pechar Rojadirecta. Así llo ordenaron de forma cautelar senllos autos de dous xulgados do Mercantil da Coruña esta mesma semana, ao considerar que as súas ligazóns para ver os partidos da liga en streaming incorren en competencia desleal. Seoane non tardou en reaccionar, e trasladou a súa actividade a un novo dominio: tarjetarojaonline.me, previamente rexistrado en Montenegro e operativo desde marzo deste ano, que tamén cesou a súa actividade a última hora do sábado.

O logo de rojadirecta.

O logo de rojadirecta.

A rapidez coa que actuou o dono de Rojadirecta non sorprendeu aos representantes legais de Mediapro e Canal+, as dúas entidades que emprenderon por separado a persecución legal da web de ligazóns e que en xuño deste ano lograron unha resolución favorable aos seus intereses. A batalla polas medidas cautelares trasladáronse entón á Coruña, dado que a empresa de Seoane, Porto 80 Projects SLU, ten a súa sede en Arteixo. Segundo os titulares dos dereitos do fútbol, foi unha manobra dilatoria, pero volveron a gañar.

Rojadirecta deixou de emitir esta mesma mañá. Unha mensaxe advirte: “Esta página web no está disponible. ERR_CONNECTION_REFUSED”.Horas despois, a mensaxe foi substituído por esta outra: “Temporalmente non podemos ofrecer acceso a Rojadirecta a usuarios que se conectan desde España. Debido a unha orde xudicial cautelar que se atopa pendente de recurso, promovida por DTS, actualmente controlada por Telefónica, por primeira vez en máis de 10 anos de actividade, ROJADIRECTA suspende TEMPORALMENTE os seus servizos en España. Esperámosche aquí, como sempre, moi pronto. Mentres tanto, se queres enviarnos unha mensaxe podes facelo por e-mail,Facebook e Twitter”.

Rojadirecta tratou de salvarse nos xulgados do Mercantil da Coruña, onde se declarou “o YouTube” do fútbol. Os seus avogados argumentaron ante o xuíz que a web “ten a mesma configuración” que o soado portal de vídeos, xa que “son os usuarios os que colgan as ligazóns”. Sería, explicaron, unha mera intermediaria.  Defendeuse tamén Rojadirecta afirmando que as súas ligazóns non van directamente a contidos de Mediapro, senón aos doutras televisións. E engade que a suspensión das ligazóns sería unha medida “grave e desproporcionada”, xa que “os contidos de ligazóns a Rojadirecta supoñen unha porcentaxe inferior ao 10% do total da súa actividade”.

Todo estes argumentos foron rexeitados e a xustiza decretou o peche, unha vez que Canal + depositou a fianza de 10.000 euros que lle reclamaba o xuíz. Como sostivo o avogado da produtora, “non é certo que Rojadirecta sexa unha mera intermediaria”, senón que “sobe e baixa as ligazóns cando lle parece oportuno e o fai en bloque”. E sobre o cesamento da actividade, advirte o xuíz que só desaparecería a web e o resto da súa actividade se non accede voluntariamente a retirar as ligazóns.

Rojadirecta naceu en Arteixo e estaba valorada en 112 millóns de dólares

Rojadirecta recibe anualmente 100 millóns de visitas e o seu valor calcúlase entre os 17 e os 112 millóns de dólares, segundo diversas estimacións. O Goberno de Estados Unidos bloqueou en 2011 os seus dominios .com e .org por suposta violación de copyright en EEUU, polo que Rojadirecta migró a .me.

Seoane  venceu nos xulgados en 2007 a Audiovisual Sport, que o denunciou por delito contra a propiedade intelectual. Pero non tivo a mesma sorte ante o Tribunal Superior de París, que en marzo lle impuxo unha multa de 100.000 euros polas ligazóns de streaming de partidos de Líguea 1 francesa. Foi a antesala do ocorrido en xuño nos xulgados do Mercantil número 11 de Madrid, que ordenaron preventivamente á web o cesamento inmediato e provisional da facilitación de ligazóns e o acceso aos partidos de fútbol. Só agora esa medida fíxose realidade, aínda que con alternativa para o fútbol gratis.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.