Imaxe da aplicación galega Galiweather, que crea textos automáticos sobre as previsións meteorolóxicas. Imaxe: CiTIUS.

Imaxe da aplicación galega Galiweather, que crea textos automáticos sobre as previsións meteorolóxicas. Imaxe: CiTIUS.

Chega a revolución dos ‘robots xornalistas’

Máis dun cento de expertos reúnense no primeiro congreso mundial sobre Xeración de Linguaxe Natural

A Xeración de Linguaxe Natural (NLG), unha técnica de Intelixencia Artificial moi en boga na actualidade, celebra estes días en Santiago de Compostela o que se considera o primeiro congreso mundial do eido. Desde o luns 4 e ata o xoves 7, expertos de Microsoft, eBay, IBM e universidades de máis de 20 países e catro continentes (América, África, Asia e Europa) reúnense no Congreso Internacional INLG, que por primeira vez se celebra en España, tras absorber a principal encontro europeo do sector, o ELNG.

Unha das iniciativas pioneiras no sector é a galega Galiweather

O CiTIUS é o organismo encargado da organización do evento, a través do Grupo de Sistemas Intelixentes. É o colofón a un verán cheo de actividade, con outros encontros de referencia, como as escolas de verán de Intelixencia Artificial e o Congreso Euro-Par 2017.

As técnicas da NLG poderían supoñer unha revolución na xeración de textos. Os traballos realizados ata o de agora confirman a capacidade das máquinas para redactar contidos a partir de datos numéricos e simbólicos, como táboas e gráficos, que poden ser indistinguibles dos redactados por un especialistas. Algúns ámbitos, como a meteoroloxía ou a xeración automática de noticias en prensa, xa funcionan, nalgúns casos, con esta tecnoloxía, como é o caso da aplicación galega Galiweather, galardoada con Premio de Investigación 2017 da Sociedade Científica Informática de España (SCIE). Un dos seus creadores, Alejandro Ramos, investigador posdoutoral do CiTIUS, intervirá no congreso.

Así, un dos grandes retos dos que se falará no INLG2017 é a posibilidade de facer intelixible para os usuarios a gran cantidade de datos que se xeran no mundo diariamente. É unha área moi atractiva para as empresas, xa que se trata dun mercado emerxente que move xa millóns de euros.

Entre os participantes, destacan Ehud Reiter, catedrático de Linguística Computacional na Universidad de Aberdeen (Escocia) e fundador dunha das principais empresas do eido, Arria NLG, un dos patrocinadores do encontro, xunto á compañía de marketing por email Phrasee e a consultora Accenture. Tamén estarán presentes, como convidados, Frank Schilder, de Thomson Reuters, e Gemma Boleda, da Universitat Pompeu Fabra, investigadora Ramón y Cajal cunha bolsa Starting Grant, entre outros.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.