Portada do dicionario en liña da RAG.

Portada do dicionario en liña da RAG.

A RAG supera os 15 millóns de buscas no dicionario da súa web

As ferramentas en liña do dicionario, as aplicacións móbiles e o Portal das Palabras bateron récords neste ano

Máis de 15 millóns de buscas desde o 1 de xaneiro deste ano. 55.000 consultas diarias. O dobre de visualizacións (1,6 millóns) que o ano pasado nas aplicacións para Android e iOS, que suman case 70.000 descargas. Preto de 900.000 usuarios únicos. Son algunhas das cifras das ferramentas en liña do dicionario da Real Academia Galega, que en 2013 botou a andar na súa versión dixital.

O dicionario dixital, xunto ao Portal das Palabras, desenvolvidas ambas co apoio da Fundación Barrié, converteuse nunha ferramenta indispensable para a utilización da lingua galega en Internet. Coas últimas actualizacións, a RAG incluíu a posibilidade de que os usuarios poidan enviar os seus comentarios e propostas para contribuír á formación dunha comunidade participativa e dinámica. Ademais, desde o pasado 8 de marzo, incorporouse a posibilidade de facer buscas directas das palabras na forma feminina.

Pola súa parte, o Portal das Palabras, tamén en constante actualización, é unha iniciativa que busca mellorar e modernizar o traballo lexicográfico e a difusión da lingua galega.

Aplicacións e bot de Facebook

Amais, as aplicacións para teléfonos móbiles e tabletas iOS e Android permiten utilizar todas as posibilidades do dicionario desde calquera lugar, ademais de dispoñer dos recursos lúdicos e didácticos de lexicografía do Portal das Palabras.

Do mesmo xeito, a RAG dispón tamén dun ‘bot’ na aplicación de Facebook Messenger, que responde de forma automática ás consultas dos usuarios, tal e como se pode ver neste exemplo:

.

.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.