O Primux 1401 Ten apenas dous centímetros de grosor e un peso aproximado duns 1.569 gramos. Foto: Primux.

O Primux 1401 Ten apenas dous centímetros de grosor e un peso aproximado duns 1.569 gramos. Foto: Primux.

O primeiro miniportátil galego, entre os 10 máis vendidos de Amazon

O dispositivo foi creado pola empresa Primux, con base na Tecnópole de San Cibrao das Viñas

O miniportátil Primux 1401, desenvolvido pola empresa galega con base na Tecnópole de San Cibrao das Viñas, conseguiu entrar nas últimas semanas entre os 10 máis vendidos da súa categoría no plataforma Amazon. Este dispositivo, lanzado a comezos de 2016, é o primeiro notebook deseñado e elaborado íntegramente en Galicia e en España.

O 1401 está enfocado ao uso doméstico e educativo. Destaca polo seu sinxelo e lixeiro deseño. Ten apenas dous centímetros de grosor e un peso aproximado duns 1.569 gramos. Consta dunha pantalla de 14,1 polgadas, un procesador de 1,84 Ghz e 2GB de memoria RAM, amais de 32GB de almacenamento interno, ampliables a 64 cunha tarxeta de memoria. A súa autonomía oscila entre as 6 e as 8 horas.

Daniel Rodríguez, xerente da empresa, sostén que unha das claves da boa acollida do 1401 está no seu prezo (199 euros) e na súa calidade. Segundo os seus responsables, a marca está a explotar, sen desviarse nunca da liña marcada, os seus puntos fortes para consolidarse nun mercado moi competitivo: produtos funcionais, de calidade e a un prezo moi axustado. “Durante anos tan complicados –a empresa naceu en 2007, xusto antes do comezo da crise– foi a única maneira de poder seguir pelexando no sector”, afirma Rodríguez, “e é certo que non foi doado, pero estamos moi orgullosos de todo o conseguido e da variedade e a calidade do noso catálogo actual”.

Ao longo do mes de maio, a empresa presentará o Primux ioxbook 1402L, un novo portátil ultralixeiro.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.