A cadeira de rodas deseñada por Handytronic.

A cadeira de rodas deseñada por Handytronic.

Presentan na Coruña unha cadeira de rodas guiada por ondas cerebrais

A empresa galega Handytronic, en colaboración coa UDC, lanza este proxecto baseado na intelixencia artificial

A startup galega Handytronic, que forma parte do grupo Telecon Galicia, desenvolveu unha cadeira de rodas guiada por ondas cerebrais. O proxecto quere ofrecer unha solución comercial para os potenciais usuarios cun proxecto baseado na Neurociencia e a Intelixencia Artificial. Esta tecnoloxía permitirá tamén acometer proxectos para a detección temperá de enfermidades cognitivas.

O proxecto conta coa colaboración da Universidade da Coruña a través da Facultade de Ciencias da Saúde. A empresa desenvolveu unha plataforma de encefalografía que é capaz de captar os impulsos eléctricos do cerebro de cada usuario e transformalos en ordes para unha cadeira de rodas motorizada.

O prototipo co que actualmente traballa Handytronic está formado por unha cadeira de rodas motorizada, un casco con 14 eléctrodos, unha tablet. A conexión entre o casco e o computador é inalámbrica, a través de Bluetooth. A medio prazo está prevista a substitución do casco por unha diadema ou parche, que resultará máis cómodo para o usuario.

O emprego de Intelixencia Artificial no interface cerebro-computador permite que o software aprenda das rutinas mentais do usuario, adaptándose a el e reducindo así o tempo de adestramento necesario para o manexo da cadeira.

Ao mesmo tempo, permite que o sistema recoñeza diferentes usuarios, adaptándose a cada un deles. EO proxecto conta coa colaboración da Universidade da Coruña (UDC), a través do Máster de Informática Biomédica. A recente posta en marcha da Cátedra Handytronic sobre Bioinformática para Ciencias da Saúde permitirá completar o proxecto de I+D nas súas próximas fases. Está previsto realizar unha proba piloto con participación de usuarios con diversidade funcional.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.