Franco Pérez presentou o invento no London Eye de Londres esta fin de semana.

Franco Pérez presentou o invento no London Eye de Londres esta fin de semana.

Premio no Mobile World Congress para enxeñería aeroespacial de Vigo

Cinco enxeñeiros participaron no deseño de Wej Circle, una aplicación para compartir música galardoada na gran feira mundial de telefonía

Foto de familia da Agrupación Aeroespacial da UVigo, que traballou no proxecto.

Foto de familia da Agrupación Aeroespacial da UVigo, que traballou no proxecto.

5000 minutos ou catro días despois de subirse a un tren en Barcelona, pasar por París, Londres e regresar á cidade condal, o enxeñeiro da Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo Franco Pérez remataba onte á tarde o que cualifica de “experiencia espectacular” ou “montaña rusa de sentimentos, sensacións e traballo”. Refírese o enxeñeiro galego de orixe arxentina ao Imagine Express 2015, unha iniciativa do emprendedor Xavier Verdaguer que fomenta o traballo en equipo de 36 persoas, seleccionadas de entre máis de 2000 en toda España, co obxectivo de desenvolver aplicacións móbiles.

Nun equipo no que Pau Argelaguet puxo a idea e Elizabeth Lee as técnicas de negocio, Franco Pérez encargouse, en colaboración en remoto cos tamén enxeñeiros da Agrupación Aeroespacial da Universidade Aaron Narcellas, Bibiano Fernández-Arruti, Xabi Crespo e Diego Hurtado,de dar forma á parte técnica de Wej Circle, un sistema que permite compartir música entre varios usuarios mediante o emprego dun algoritmo. Con “este sistema hardware, que tamén ten un parte de App”, explica Pérez, o equipo recibiu no transcurso do Barcelona Mobile World Congress un galardón da Dirección de Innovación do Ajuntament de Barcelona, que o acredita como o mellor prototipo.

Aínda que Wej Circle non estivo entre os catro proxectos gañadores do Image Express 2015, que nesta ocasión recaeron nunha aplicación para diabéticos (Buddyfit); unha app destinada a reducir o número de accidentes dos operarios que traballan sobre o terreo (Safe&Sound); outra aplicación destinada a formar ao máis cativos e cativas en finanzas (FunForFamily) e outra que ten a finalidade de recuperar a rúa como zona de ocio para nenos e nenas (HybridPlay), Franco Pérez amósase moi satisfeito polo galardón recibido, sobre todo por ser un recoñecemento ao traballo en equipo con Pau Argelaguet e Elizabeth Lee, pero sobre todo, cos seus compañeiros da Agrupación Aeroespacial. “Estes días aprendín que Aaron, Bibiano, Xabi e Diego non son só compañeiros de traballo, senón que somos un equipo moi bo”, asegura o enxeñeiro, que confirma a súa participación na vindeira edición do Imagine Express, desta volta como experto.

O enxeñeiro Franco Pérez presentou o proxecto en 4 días en París, Barcelona e Londres

Sen tempo para descansar, Franco Pérez reincorporábase hoxe ao traballo coa Agrupación Aeroespacial que dirixe o profesor Fernando Aguado. “Despois desta experiencia teño claro que me gustaría empezar a traballar nun proxecto propio, porque cando a iniciativa é túa non importan as horas sen durmir”, explica, ao tempo que recoñece, que aínda física e mentalmente comprobou que estaba preparado para enfrontar unha experiencia como o Imagine Express, “no apartado técnico en moitas ocasión sentinme sobrepasado, polo que foi fundamental o traballo en remoto cos compañeiros que estaban en Vigo”. Coa vista posta no futuro o enxeñeiro non esquece a importancia dos contactos realizados no transcurso do Imagine Express, así como o recoñecemento do seu organizador, Xavier Verdaguer, polo traballo desenvolvido polo equipo da Universidade de Vigo.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.