Sanjenjo, Puentenuevo o La Coruña, topónimos en Google.

Sanjenjo, Puentenuevo o La Coruña, topónimos en Google.

O Parlamento pide a Google Maps que respecte os topónimos galegos

A cámara aproba por unanimidade unha proposta para que o Ministerio traslade a petición á compañía de Mountain View

O Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade unha resolución para que a Xunta inste ao Goberno central a dirixirse a Google para que respecte os topónimos galegos na súa aplicación Google Maps. Nela, pode lerse La Coruña, Sanjenjo ou Puente Nueva. Todos os grupos do Parlamento galego apoiaron a iniciativa proposta polo BNG. Na Comisión Institucional, a deputada do BNG Olalla Rodil puxo numerosos exemplos de toponimia “deturpada” empregada, tanto polo Goberno central como pola compañía Google a través da súa aplicación ‘Maps’.

Neste sentido, apunta que a toponimia que emprega Google é a do Ministerio de Fomento, onde aparecen nomes que tan chamativos como “La Coruña” no canto da Coruña; “Niño de la guía” no canto de ‘Niñodaguia’; ou “Puentenuevo” no canto da Pontenova. Respecto diso, Rodil lembrou que a “única forma oficial e legal” nos topónimos de Galicia é a galega segundo a lei de normalización lingüística. Por iso, corresponde á Xunta avisar a entidades privadas e públicas do correcto emprego dos nomes de lugar.

O portavoz popular manifestou que a Xunta xa se dirixiu a Google para facer constar os erros nos nomes de localidades, ao tempo que o Goberno galego se puxo a disposición da empresa para a corrección de erros. Así, “está á espera de movementos” da empresa, se non se producen o Executivo autonómico “volverá poñerse en contacto”.

A nova proposta insta á Xunta a facer tamén xestións coa propia Administración central, para que facilite a Google os topónimos correctos.

Unha resposta a “O Parlamento pide a Google Maps que respecte os topónimos galegos”

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.