Citroën C4 Grand Picasso, o modelo que viaxa de Vigo a Madrid sen condutor.

Citroën C4 Grand Picasso, o modelo que viaxa de Vigo a Madrid sen condutor.

O primeiro coche sen condutor en España circula de Vigo a Madrid

Un Citroën C4 percorreu de xeito autónomo os 599 quilómetros de autopista e autovía entre as dúas fábricas de PSA

Se hoxe tomou a Autovía das Rías Baixas, é posible que se cruzase cun coche que non levaba ninguén ao volante. Había unha persoa no asento do condutor, pero non precisaba usar as mans, porque ese vehículo é o primeiro coche sen condutor que circula en España. Trátase dun Citroën C4, que percorreu os 599 quilómetros de autopista e autovía entre as plantas do grupo PSA entre Vigo e Madrid. E estamos ante un experimento pioneiro dunha tecnoloxía que está tan avanzada que podería ser unha realidade comercial xa no ano 2018.

Ruta realizada polo coche autónomo.

Ruta realizada polo coche autónomo.

PSA Vigo ten unha posición de vantaxe na tecnoloxía do coche sen condutor, grazas ao Centro Tecnolóxico do Automóbil (CTAG), situado no Porriño, que leva anos desenvolvendo estes sistemas autónomos. O fito de hoxe fai historia en España, despois de que a Dirección Xeral de Tráfico autorizase esta viaxe. Previamente, o grupo automobilístico xa fixera probas, o pasado verán, nun cinto de circunvalación de París e tamén en autovías no entorno de Burdeos e Rennes.

Os avances técnicos no coche sen condutor teñen sido enormes nos recentes anos, pero a tecnoloxía ten que revolver agora un problema no eido da administración e a burocracia. Os expertos coinciden en que o factor clave que non está resolto é o dos seguros e a responsabilidade civil en caso de accidente.

 

Unha resposta a “O primeiro coche sen condutor en España circula de Vigo a Madrid”

  1. Bruna Alonso Estévez

    Gran avance tanto para persoas con algún tipo de discapacidade coma para tod@s as demais usuari@s, xa que se eliminan os riscos por distracción, cansancio, consumo de calquera droga e erros múltiples. Parabéns a todo o equipo! Talvez algún día sexa accesible a tod@s.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.