flesh4u

O enxeñeiro vigués Julio Muñoz posa xunto ao Flesh4U.

“O noso consolador é un maquinón”

Julio Muñoz revela que esperou catro anos pola tecnoloxía necesaria para crear o trebello sexual máis avanzado do mundo

O avance da tecnoloxía baséase dende hai anos na idea de facer cousas máis pequenas e máis potentes. Ao vigués Julio Muñoz o principio andoulle na cabeza durante anos ata que dixo eureka. Un mercado no que o tema da miniaturización dos motores non avanzaba era o dos consoladores, o sexo mecánico. Xuntouse con outros dous compañeiros, enxeñeiros industriais, e sacaron adiante o Flesh4u (carne para vostede, poderíase traducir). Un trebello unisex que fai marabillas, disque.

Cal é a súa especialidade?

Son técnico en electrónica e teño coñecementos da parte mecánico. O proxecto empeceino eu e busquei os socios, que eran amigos meus, os tres somos de Vigo e andamos todos polos 50 anos. Eles traballan na enxeñaría industrial. Antonio Maceiras, que deseñou o Uro VamTac, o vehículo militar, e outro que prefire non dicir o nome. Fixemos un estudo de mercado e vimos que hai dous fabricantes a nivel mundial, que son Fleshlight e Doc Johnson, que levan anos a vender os seus produtos, as gomas, os penes, as vaxinas. Pero son manuais. Nós inventamos un sistema motorizado no que a innovación é o peso. Un quilo e 400 gramos contra os 30 que chegan pesar os que hai no mercado. Valen ata 400 euros, pero non teñen posición, ou te pos de crequenas ou o colles coma un balón de fútbol.

“Tivemos que pedir financiamento ao ICO. Avalámola co noso patrimonio”

E a ver onde se garda…

E telo que pór enriba da mesa ou nun banco… Son sistemas ríxidos, sen flexión. Onde entre, alá vai. A nosa máquina non pesa nada e ten unha potencia bestial. É a única que pode facer un dobre anal sen limitación de tamaño do pene. Dúas persoas, en calquera posición. E a variña é flexible, móvese 360 graos.

Como se lle ocorreu la idea?

Xa o tiña pensado dende o 2011, pero coa tecnoloxía que había daquela era inviable. Non había xeito de facer unha máquina dese tamaño, con esas prestacións e unha conexión online, que era a idea. Non xurdiu da noite á mañá.

E o financiamento?

Tivemos que pedilo ao ICO. Avalámolo co propio patrimonio, e no banco non houbo ningunha reticencia. Non hai precedente. Para os rapaces heterosexuais non hai ningunha máquina máis ca esta. É a única no mundo.

Están a ter moito pedidos? É cara, custa máis de 1.000 euros.

É cara, si. Aínda non é masivo. Custa introducirse. Temos que facer publicidade. En EE UU hai moita curiosidade e estamos a ver como meternos. De momento quen pregunta son particulares. Pero aínda nos queda moito. A conexión online non a estreamos ata dentro dun mes ou dous.

“Fixemos un estudo de mercado e vimos que a innovación tiña que estar no peso”

Como funciona iso? Por wifi?

Hai un proxecto básico que se basea en descargar un programa da páxina web, cunha variedade de movementos, no ordenador. Instálalo no unidade de control, ademais dos nove programa que xa veñen de serie. A máquina fai movementos diferentes con cada programa. Canto aos vídeos, estamos en contacto con produtoras, e mesmo non descartamos producir nós no futuro… No momento no que descargas, o vídeo interactúa co que faga o rapaz ou a rapaza. Despois, unha segunda fase sería a interacción entre máquinas, a través de Skype. É dicir, eu movo o mando da rapaza ou viceversa, ou se fai a máquina escrava dun só mando para que se movan simultaneamente.

Parece ciencia ficción.

Ciencia ficción é o que estamos a facer agora coa empresa Virtual Porn 360, a única a nivel mundial que incorpora os vídeos en 3D, nos que Microsoft e Samsung non se queren meter de momento. Queremos incorporar eses lentes a máquina.

Tédelo todo moi pensado.

O proxecto é enorme, pero hai que ir ao paso, porque é moi caro.

“Tivemos moitísimos voluntarios para probar o FleshU4, e quedaron encantados”

Fixeron probas

Levamos dous anos e medio. Descartamos algunhas máquinas, porque sendo tan pequenas non podían aguantar semellante torsión. Pensa que un dobre anal para dúas persoas nunha máquina tan pequena parecería algo surrealista.  Pois conseguímolo facer. Un dos problemas era ese, meter toda esa forza nunha máquina que colle na man. E ademais é desmontable, sen ferramentas. E gárdase na mesiña de noite, se queres. Compárao cunha boneca inchable, que pesa 45 kilos e mide 1,65. Isto é un xoguete antigo. Ti reláxaste e xa traballa el.

Non sei se relaxarse é a palabra.

Hehe, no senso de que non lle tes que estar a dar, e non se cansa nunca.

Para as probas tivestes que contratar a xente?

Tivemos moitísimos voluntarios, que quedaron encantados. Algún club de swingers, onde as deixamos dous meses de proba. Agora temos unha nun club en Cataluña. Con xente profesional, que sabe o que é o sexo. E logo con amigos. Encantados tamén. Hai que probala para saber o que é. Un maquinón.

Ás sogras mellor non dicirllo.

É un proxecto máis. Nós só facemos as máquinas, as gomas veñen doutro mercado, nós só as engadimos por comodidade. Destas gomas débense ter vendido oito ou nome millóns de unidades nuns sete anos. Patentounas un estadounidense e en España fanas nunha fábrica en Dos Hermanas, e de aí saen para todo o mundo. Vendo iso, vimos as posibilidades.

2 respostas a ““O noso consolador é un maquinón””

  1. Mercedes Cordero

    Acabo de recomendar esta página a un chavalín de 14 años, que muestra interés y curiosidad por la ciencia. No soy ninguna mojigata, pero creo que el tratamiento de esta noticia no es el adecuado para GCiencia, a lo mejor para el catálogo publicitario de una sex shop. Estoy francamente decepcionada.

  2. ivana

    Hola. Soy de vigo y estoy alucinada. A y vendo artículos eroticos me encantaría conocer un poco mejor vuestro producto y proyecto. Saludos

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.