Xoves 28 Marzo 2024

Fobos Vigo lanza os drones con forma de ave rapaz

O espantallo do futuro nace en Vigo. A empresa viguesa Fobos Solutions licenciou dúas patentes, propiedade da Universidade de Sevilla e do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), para implementar un drone mimético aviario con sistemas de intelixencia artificial. Este artefacto voador imita un ave rapaz, tanto no aspecto como nos movementos, e servirá como espantallo para protexer as colleitas na agricultura.

Un equipo do Instituto de Microelectrónica de Sevilla (IMSE), centro mixto do CSIC e da universidade sevillana, desenvolveu os dispositivos de captación de imaxes con intelixencia embebida que foron licenciados por Fobos Solutions. Esta empresa de enxeñería radicada en Vigo fabrica e comercializa un Vehículo Aéreo non Tripulado desenvolvido polo equipo de investigación do Jordi Figuerola da Estación Biolóxica de Doñana do CSIC, que emula o comportamento de aves rapaces e ten aplicación na protección de colleitas e piscifactorías.

Publicidade

O drone aviario poderá procesar imaxes e tomar decisións en tempo real

Agricultores con plantacións de amorodo en Huelva, albaricoque na Serra Norte de Sevilla ou quinoa en Málaga xa probaron este drone con forma de ave rapaz, chamado a converterse no ‘espantallo do futuro‘ ao ser capaz de imitar o comportamento destes depredadores para asustar a bandas de paxaros máis pequenos que cada ano supoñen miles de perdas nos cultivos.

A compañía galega busca agora mellorar os servizos que ofrece incorporando ao dron mimético aviario os sistemas capaces de procesar imaxes e tomar decisións desde o propio vehículo en tempo real, sen necesidade  de transmitilas a un servidor nin de almacenalas nunha memoria.

“Estes sistemas son moi lixeiros ao tempo que potentes. Conseguimos acelerar o procesamento necesario para a toma de decisións dende o principio, cando a carga computacional é máis grande”, explica Ángel Rodríguez Vázquez, catedrático do Departamento de Microelectrónica da Universidade de Sevilla.

Resólvese así una das principais restricións á hora de mellorar ou incorporar sistemas de visión artificial nestes drones. Porque se necesitaban equipos lixeiros, para ter unha grande autonomía de vóo.

“Grazas a estas innovacións será posible tamén dispoñer de información xa procesada cando o dron aterre, aforrando tempo e esforzo en procesos de postproducción de imaxes,  atenuando a carga computacional que implican as tarefas de intelixencia artificial”, explican os investigadores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo do CSIC logra controlar unha doenza causante da extinción dos anfibios

Os investigadores aplicaron un funxicida agrario sen observar trazas do produto nin efectos significativos na química e bioloxía da auga

Zendal lanza a primeira vacina de tecnoloxía ADN contra a leishmaniose canina

‘Neoleish’ reduce a presenza do parasito en máis dun 90% e mellora os signos clínicos da doenza

Un composto natural reduce o impacto da seca e mellora a produtividade do tomate

Un equipo do CSIC e da UPV descobre como actúa o butanoato de hexenilo, un aroma que emiten estas plantas para resistir ás bacterias

Como usar datos históricos para a conservación de especies: así é a nova metoloxía con pegada galega

A UVigo e o CSIC proban un método en escaravellos coprófagos ibéricos que permite comprender a súa resposta a cambios ambientais