Xoves 18 Abril 2024

O Dinoseto dá o salto ao videoxogo

A fama de Dinoseto non ten fronteiras. O famoso arbusto vigués acaba de dar o salto ao mundo dos videoxogos. O estudo Cyberlura, con base en Redondela, lanzou este mércores un xogo dispoñible para Android e iOS: “Dinoseto VS the world”, no que a mascota sae pola cidade na busca de aventuras.

“A vida como escultura de xardín é dura para calquera dinosauro. Canso de manter a postura, Dinoseto decidiu saír a estirar as pernas. Pero o Xurásico xa non é o que era… Axuda ao dinosauro máis famoso de Vigo na súa viaxe”, expón a descrición do xogo nas plataformas web.

Publicidade

Na súa viaxe, o Dinoseto debe recolectar o maior número posible de moedas, que teñen as cores da bandeira de Vigo, e ao mesmo tempo debe cruzar ríos, rúas e camiños de ferro, evitando ser atropelado por trens, coches e mesmo un Vitrasa. Do mesmo xeito, hai ata dezasete personaxes para desbloquear, entre os que se atopa o Dinoceleste, vestido coas cores do Celta ou a célebre escultura do vendedor de xornais Manuel Castro.

Nestes enlaces pódese descargar o xogo para Android e IOS.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como de accesible é a rúa na que vives? Compróbao neste mapa

A aplicación 'City Access Map' permite comprobar que servizos están a menos de 15 minutos camiñando nas cidades e areas metropolitanas de Vigo e A Coruña

Un equipo da UDC aposta pola tecnoloxía dos videoxogos para mellorar a simulación industrial

Os investigadores Javier Pernas e Diego Crespo, da Área de Organización Industrial do Grupo Integrado de Enxeñaría do CITENI, publican no 'Journal of Simulation' o seu último avance

O Simposio Nacional de Oncoloxía de Precisión insta ao impulso da terapia en Galicia

O evento acolle en Vigo a máis de 40 expertos os días 22 e 23 de febreiro

A UVigo bate récords na captación de fondos nacionais coa consecución de 5,5 millóns de euros para 40 proxectos

A metade dos traballos están vinculados os investigadores dos centros CIM, CINBIO, atlanTTic, Cintecx e Ecobas