Luis Pérez Freire, director xeral, e Jorge Munir el Malek Vázquez, director de comunicacións.

Luis Pérez Freire, director xeral, e Jorge Munir el Malek Vázquez, director de comunicacións.

O Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia supera os 18 millóns de euros en ventas

Os ingresos de Gradiant procedentes do estranxeiro xa supoñen unha quinta parte da súa facturación

Oito anos despois da súa posta en marcha, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant)  consolida o seu crecemento. No 2016, a fundación acadou os 4,4 millóns de euros en ventas, e prevé superar neste 2017 os 5,5 millóns. Deste xeito, acumula desde a súa creación un volume de facturación de 18,6 millóns a 161 empresas. No 2016, Gradiant tamén conseguiu un récord de ingresos procedentes do estranxeiro, sobre todo Reino Unido e os Estados Unidos, cun 21 por cento do total.

Nestes oito anos, Gradiant desenvolveu 249 proxectos de I+D+I, converténdose nun dos principais motores da innovación en Galicia. Conta con 91 traballadores e 11 patentes rexistradas. Naceu como unha fundación privada sen ánimo de lucro que ten por obxectivo desenvolver novos sistemas de telecomunicacións nos eidos da conectividade, a intelixencia e a seguridade. Precisamente nestes días vén de iniciar os ensaios do Life Sensor, un dispositivo que permite previr e evitar o falecemento de persoas en lugares pechados, monitorizando o ritmo respiratorio e o movemento do paciente de forma non invasiva.

Gradiant, con base no Campus de Vigo, estrutúrase a partir dun padroado que integra á Xunta, ás tres universidades galegas e a seis das empresas máis importantes de Galicia no sector das TIC (Arteixo Telecom, Egatel, Indra, R, Telefónica e Televés), así como á asociación empresarial INEO, que agrupa a máis compañías do mesmo eido.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.