Venres 19 Abril 2024

O 112 incorpora unha App para localizar persoas en situacións de emerxencia

O Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia vén de poñer en marcha unha nova aplicación que facilitará a localización de persoas que se atopen en situación de emerxencia. A App, denominada “Alpify”, é de fácil manexo e basta con premer o botón vermello de “emerxencia” para que envíe un aviso ao 112, que recibe a ubicación da persoa que pide o auxilio, xa sexa en zonas urbanas ou de montaña. No caso de perder a cobertura do móbil, a aplicación envíe unha mensaxe de texto ao 112 e ao mesmo tempo sitúa a emerxencia para o centro coordinador cun rango de erro de entre 3 e 10 metros.
Grazas á App, o CAE 112 poderá localizar con maior precisión a través de GPS cando unha persoa chame ao Centro de Atención ás Emerxencias, poderase localizar a persoas que fosen dadas por desaparecidas; enviar alertas adaptadas á localización onde se atopa a persoa; e ademais, con importantes vantaxes especialmente na procura de persoas maiores con senilidade e para reforzar a seguridade en zonas rurais.
A aplicación permitirá ao usuario conectar directamente co Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia, desde onde localizarán a súa ubicación e o traxecto realizado nas últimas horas para poder prestarlle así a axuda que necesite. O emprego desta ferramenta, baseada na tecnoloxía GPS, 4G/3G/GPRS y GSM, permitirá que, no caso de aviso por parte dunha persoa atrapada, accidentada ou perdida, os servizos de emerxencias poidan coñecer exactamente a súa situación ou o percorrido realizado ata chegar ao punto no que se atopa, o que permitirá reducir os tempos de resposta. “Alpify” pódese descargar gratuitamente desde o propio smartphone en Iphone, Android e Blackberry ou a través da web alpify.com.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Canto custa o teu terreo? Esta aplicación dáche a resposta

A Dirección Xeral do Catrastro lanza unha ferramenta que permite consultar información de todos os teus inmobles urbanos e rústicos

Queres saber cal é a flora que predomina no teu concello? Contámoscho aquí

O proxecto de ciencia cidadá Pl@ntNet permite acceder á biodiversidade vexetal existente en cada zona do planeta a través do uso de imaxes

Unha aplicación galega facilita o acceso a contidos culturais a persoas en risco de exclusión

A Xunta, xunto co centro de investigación AtlanTTic da UVigo, lidera o proxecto no que participan socios lusos, polacos e islandeses

Unha aplicación galega para o autocoidado de doentes de Crohn e colite ulcerosa

Vigo é a primeira área sanitaria de España que empregará a ferramenta con pequenos vídeos divulgativos sobre as enfermidades