Imaxe da sonda Marumasat 3, lanzada este luns desde Ordes. Imaxe: NOSA.

Imaxe da sonda Marumasat 3, lanzada este luns desde Ordes. Imaxe: NOSA.

Amplían a Muros e Carnota a busca da Marumasat 3

A Axencia Espacial Galega, a NOSA, perdeu o contacto coa sonda despois de lanzala desde Ordes o pasado luns

A Marumasat 3 segue desaparecida. Despois de que os membros da Axencia Espacial Galega, a NOSA, perdesen o contacto coa sonda o pasado luns, cando foi lanzada desde o IES Maruxa Mallo de Ordes, aínda non hai noticias do paradoiro da cápsula. Porén, as últimas estimacións realizadas provocaron que a zona de busca, que en principio estaba limitada ao concello de Outes, se ampliase.

“As pescudas realizadas durante estes días sobre o voo da Marumasat 3 lévanos a ampliar a zona de busca ata Muros e Carnota. Non descartamos que a aterraxe fose sobre o mar e que aboiando na auga chegue a unha praia da zona”, sinalaban este sábado a través das redes sociais os responsables da NOSA.

As complicacións na misión da Marumasat 3 comezaron o luns, minutos despois do lanzamento, a 13.700 metros de altura, cando ” radiosonda deixou de transmitir de forma abrupta”, segundo contaba a GCiencia Xosé Díaz, profesor de Matemáticas do IES Marco Camballón”

“Posiblemente caeu nunha zona complicada, porque perdemos a sinal e o GPS tampouco dá cobertura”, engadía Díaz. Naquel momento xa se contemplaba a posibilidade de que caera no mar, unhaopción que foi collendo forza a medida que avanzaban as pescudas. Unha caravana de rescate percorreu varios puntos do concello de Outes para intentar localizar a sonda, pero tiveron que suspender a busca ante a ausencia de resultados.

Ante esta situación, a NOSA está facendo un chamamento a través das redes sociais, pedindo a colaboración cidadá para poder recuperar a Marumasat 3.

Contacto:

IES Maruxa Mallo: 881 88 08 69.

IES Marco Camballón: 886 15 17 31.

IES Miraflores: 981 63 16 15

Correo electrónico: nosaaxenciaespacialgalega@gmail.com

Twitter: @marumasat

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.