Xoves 28 Marzo 2024

A app do Camiño de Santiago xa está dispoñible para o iPhone

A aplicación móbil que ofrece aos peregrinos información real de cada unha das rutas oficiais do Camiño de Santiago, publicouse hai un mes en Google Play e xa rexistra preto das 450 descargas no sistema operativo Android. De acordo a este éxito e co fin de chegar a máis usuarios, xa dispón da versión IOS.

A app é unha das iniciativas do proxecto Smart Camiño que desenvolven a Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) e Turismo de Galicia. Ofrece información sobre todas as rutas oficiais do Camiño de Santiago desde a súa entrada en Galicia: Camiño Francés, Ruta Fisterra-Muxía, Vía da Prata, Camiño Portugués, Camiño Inglés,Camiño Primitivo, Camiño do Norte, Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla, e Camiño de Inverno.

Publicidade

Os peregrinos dispoñen, así, en tempo real, de toda a información que necesiten en cada momento sobre os trazados oficiais das rutas xacobeas, a Rede Pública de Albergues coas súas características, horarios, localización, teléfono e fotografías; información sobre os eventos culturais -festas, concertos, talleres, etc- así como información detallada de todos os recursos turísticos -descrición, localización e imaxes-.

Ademais, a plataforma dixital conta cun servizo de realidade aumentada que permite, a través da cámara do móbil, visualizar todos os puntos de interese situados nas proximidades.

A app conta cun servizo de realidade aumentada que localiza os puntos de interese

Así mesmo, os peregrinos poderán consultar nela onde comer, onde aloxarse e que visitar en cada un dos tramos do Camiño, coñecendo a ampla oferta dos establecementos turísticos cos que conta. Ademais, a aplicación permitiralles coñecer información meteorolóxica –ofrecida por Meteogalicia– así como datos de contacto e dirección dos centros de saúde e emerxencias.

No apartado ‘Meu diario’, os peregrinos poden gardar os momentos máis importantes do Camiño, a través de notas de texto e fotografías, para posteriormente, a través da funcionalidade do portal ‘A miña experiencia’ crear o seu propio libro dixital.

A aplicación está dispoñible nos idiomas galego, español e inglés. No marco do Smart Camiño, a Rede Pública de Albergues do Camiño conta xa con rede wifi gratuíta nun 84% e a Ruta Xacobea conta xa cunha páxina web específica, con toda a información necesaria para emprender a aventura que supón facer o Camiño.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

▪️ Expertos en tecnoloxía, ciencias e humanidades asesoran a Xunta para o uso ético da IA

A comisión de especialistas elabora recomendacións para impulsar accións formativas e a sensibilización na administación e empresas
00:03:30

I de ‘Inventio’: como o descubrimento da tumba do Apóstolo fixo marca Galicia

A partir do século IX Santiago de Compostela converteuse nun centro europeo económico e relixioso clave pola peregrinación xacobea
00:03:09

A de Afonso VIII: o rei que morreu facendo o Camiño

O último monarca da Galicia Altomedieval refundou a cidade da Coruña, inaugurou o corpo románico da catedral e convocou as primeiras cortes de Europa

A Plataforma Dixital Agroforestal de Galicia empregará intelixencia artificial ao servizo do campo

Agricultores, gandeiros e silvicultores poderán cumprir obrigas coa administración e vixiar as súas explotacións, entre outras funcións