O director xeral do Grupo Telecon, Jacobo Penide, e o reitor da UDC, Julio Abalde, na sinatura do convenio da cátedra Handytronic. Foto: UDC.

O director xeral do Grupo Telecon, Jacobo Penide, e o reitor da UDC, Julio Abalde, na sinatura do convenio da cátedra Handytronic. Foto: UDC.

Crean a cátedra Handytronic na Facultade de Informática da UDC

O proxecto, impulsado polo Grupo Telecon, centrarase no desenvolvemento de tecnoloxías que unen as Ciencias da Saúde coa bioinformática

O reitor da UDC, Julio Abalde, e o director xeral do Grupo Telecon, Jacobo Penide, asinaron este mércores no reitorado da universidade coruñesa o convenio de creación da cátedra Handytronic. O proxecto, adscrito á facultade de Informática, desenvolverá iniciativas no eido da bioinformática para as Ciencias da Saúde.

A cátedra estará dirixida por Javier Pereira, e ten por obxectivo a colaboración na docencia na Facultade de Informática da UDC e, de xeito especial, no Mestrado de Bioinformática para Ciencias da Saúde; o desenvolvemento de actividades que permitan crear espazos de debate e difusión da actividade docente e investigadora, e a promoción de actuacións que estimulen o talento dos estudantes e faciliten a súa incorporación ao mundo laboral.

A través de este proxecto a universidade e o Grupo Telecon, que achegará a dotación económica necesaria para o funcionamento da cátedra, realizarán actividades e proxectos conxuntos e cooperarán para ter acceso a iniciativas de investigación no ámbito galego, español e europeo. Promoverase tamén a creación de encontros e redes nacionais e internacionais de expertos, en colaboración con outros mestrados e estudos de posgrao.

Do mesmo xeito, deseñaranse novos programas de formación permanente para estudantes, poñendo énfase na creación de empresas de base tecnolóxica, patrocinaranse bolsas predoutorais e posdoutorais e tamén se impulsará a explotación de resultados de investigación, entre outras iniciativas.

Diversidade funcional

O reitor Julio Abalde destacou a especialización e aposta da Universidade da Coruña polo sector dixital, sobre todo no eido das Ciencias da Saúde, “que terá un amplo desenvolvemento no futuro“, declarou. Jacobo Penide, pola súa parte, remarcou o paso que supón esta cátedra de cara aos traballos no ámbito da Intelixencia Artificial e a Neurociencia, en concreto, na mellora da calidade de vida das persoas con diversidade funcional ou deterioro cognitivo.

Neste senso, a marca Handytronic, creada polo Grupo Telecon en 2015, comercializa xa un amplo catálogo de solucións de mobilidade para estas persoas e impulsa proxectos de investigación que xa contan coa participación da UDC.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.