Venres 29 Marzo 2024

GPU Hackaton en Santiago: así axuda a informática a mellorar a ciencia

Santiago de Compostela acollerá entre o 5 e o 9 de marzo a segunda edición do GPU Hackaton. Esta reunión, impulsada polo Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) e a empresa Appentra (spin-off da UDC), ten como obxectivo axudar aos científicos e programadores a acelerar a execución das súas aplicacións de simulación científica usando o hardware e o software.

Este ano, o GPU Hackaton terá carácter internacional. Os participantes, a través dun equipo de mentores expertos en optimización, paralelización e execución de programas de simulación, poderán recibir asesoramento para os seus proxectos.

Publicidade

O evento é de balde e a inscrición está aberta ata o 11 de febreiro

No evento tamén se presentarán algúns casos de éxitos que medraron ao abeiro do GPU Hackaton. É o caso do equipo da Universidade de Málaga Edanya, que traballa na predición de tsunamis, e que coa colaboración de Appentra e Fernanda Foerttrer, publicaron un artigo que se amosou no SuperComputing17 de Denver, o evento máis importante do mundo no eido da Computación de Alto Rendemento.

O GPU Hackaton dividirase nunha xornada de conferencias aberta ao público e outras cinco xornadas intensivas de traballo para a optimización da aplicación de simulación científica de cada equipo participante.

Ao final do evento, segundo explican desde Appentra, os participantes disporán dunha nova versión acelerada en GPU ou dunha folla de ruta para alcanzar dito obxectivo. O equipo gañador recibirá unha GeForce GTX 1080Ti, ofrecida por NVIDIA.

O prazo de inscripcion estará aberto ata o 11 de febreiro e a participación é de balde, polo que o Cesga e Appentra animan os proxectos científicos que estean interesados a participar para avanzar e aforrar tempo nas súas aplicacións de simulación.

A inscrición para o GPU Hackaton pode realizarse nesta ligazón

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que é e como funciona o novo computador cuántico de Galicia?

A máquina máis grande e potente de España e do sur de Europa inaugurouse esta mañá no Centro de Supercomputación de Galicia

CESGA e Fujitsu crean un centro en Galicia para desenvolver e impulsar a tecnoloxía cuántica

O obxectivo é promover a investigación neste campo e atraer investimento para abordar os retos que afronta a sociedade actual

O primeiro computador cuántico de Galicia: estas son as chaves para entendelo

A recente adquisición do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) pode ter aplicacións en ámbitos como a saúde e a intelixencia artificial

Galicia inaugura ‘Finisterrae III’, un novo supercomputador para predicir o tempo e analizar o xenoma

O equipo incorpora un simulador de computación cuántica de 30qbits que é o primeiro da súa clase en España