Xoves 28 Marzo 2024

Google Earth inclúe entre os lugares máis curiosos do planeta unha foto de Arousa

Google Earth está de aniversario. Cúmprense dez anos dende que se puxo en funcionamento o buscador, un servizo que cartografou o mundo enteiro. En total, 200 países e territorios, o que lle fixo superar os 2.000 millóns de descargas e ofrecer máis de 1.000 millóns de quilómetros transitables cada día.
Para celebrar a efeméride, o buscador incluíu unha actualización de Earth View, unha aplicación para visualizar a paisaxe dende o aire. E entre os lugares retratados encóntrase a Illa de Arousa, onde se tomou unha curiosa imaxe das características bateas. Entre as paisaxes españolas fotografadas están Sanlúcar la Mayor (Sevilla) e Valencia. Hai tamén fotos de Cidade de MéxicoSonora (México) ou Perú. Google ofrece imaxes de moi alta calidade, tomadas sen nubes e igualadas (isto é, sen grandes diferenzas de cor ou contraste entre os seus compoñentes). A alta resolución permite imprimilas en moi alta calidade.
Google Earth cobre xa máis do 45% da superficie terrestre e o 90% das zonas poboadas a resolucións, como mínimo, de 2,5 metros. 18.000 cidades de 70 países ofrecen datos sobre transporte público. Máis de 100 axencias ofrecen información en tempo real do tráfico.

A imaxe da ría de Arousa foi incluída na nova actualización de Earth View

Axudou a xeolocalizar as minas de Cambodja e a desvelar a existencia de posibles pirámides exipcias tres veces maiores que a Gran Pirámide, e numerosos depósitos arqueolóxicos descoñecidos.
A colección de fotos de Earth View ampliouse a 1.500 paisaxes de todos os continentes e océanos. Todas se encontran dispoñibles nunha versión actualizada da extensión para Chrome e nunha galería web nova, dende a que se poden descargar as fotos en alta resolución e usalas como fondos de pantalla.
Outra das novidades do 10º aniversario é Voyager, unha nova capa adicional, dispoñible nas versións de Google Earth para o escritorio. Voyager realiza unha selección das mellores coleccións especiais de imaxes 360º, as mellores imaxes de cidades en 3D ou as mellores imaxes dende satélites. En Voyager pódense encontrar aspectos destacados de Street View, incluíndo o Taj Mahal e o Gran Canón, e fotos de paisaxes de todas as partes do mundo vistas dende o espazo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Así varía a posición do Sol ao longo dun ano

As fotografías de David Couce permiten observar como o astro muda o lugar polo que se oculta en función do mes no que observemos o atardecer

Seis imaxes que cambiaron a historia da ciencia

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de O ser humano empregou primeiro o debuxo e...

Altofalantes da lingua e da ciencia

Estimados colegas e amigos de Gciencia: Antes de nada, gustaríame darvos os...

A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias festexa 30 anos de coñecemento compartido

O seu presidente, Julio Casal, reivindica o compromiso coa divulgación científica para achegar información de calidade á sociedade