google-analytics

Google Analytics deixa de funcionar en tempo real

O xigante de Internet busca solucións a un problema que afecta aos xestores de millóns de webs

Google Analytics, a ferramenta que empregan millóns de webs no mundo para controlar as súas estatísticas de visitas, deixou de funcionar en tempo real, no que semella unha avaría transitoria no xigante de internet. Moitos usuarios de Google Analytics levan horas sen poder acceder aos informes en tempo real que ofrece a aplicación. A compañía recoñeceu que está a estudar o problema e ofreceu alternativas ata que poida arranxar o sistema de forma permanente.

O perfil de Google Analytics en Twitter publicou: “Algúns usuarios poden estar a experimentar problemas cos informes en tempo real. Estamos a traballar nunha solución, esperamos que todo estea en normalidade pronto”. Pero o fallo persistía, así que o perfil volveu publicar pasadas as 7 da mañá, hora española: “Actualización: Se tes erros de acceso aos informes en tempo real en Google Analytics, unha solución temporal é borrar as cookies ou utilizar un navegador de incógnito”. Pero as redes están ateigadas de comentarios de usuarios que tampouco atopan unha solución con estes trucos.

A última comunicación da compañía explicaba: “Estamos a traballar nunha resolución permanente a esta cuestión, que esperamos estea mañá. Desculpas polas molestias”.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.