Venres 29 Marzo 2024

O galego, ameazado na era dixital

A era dixital podería poñer en perigo a supervivencia das linguas minoritarias como o galego. Un estudo levado a cabo pola Alianza Tecnolóxica Multilingüe de Europa, (META nas súas siglas en inglés) titulado “Europe’s Languages in the Digital Age”, expón que o dominio das linguas maioritarias na rede acurrala aos idiomas menos empregados.

O estudo componse de 32 volumes que analizan a presenza de 31 linguas de Europa na era dixital, no que participaron 200 expertos. Segundo indican os seus autores, as novas tecnoloxías céntranse nos idiomas maioritarios e predominantes entre os seus falantes, deixando relegados aos minoritarios. “Mentres que a tradución automática de oracións simples en idiomas cunha cantidade suficiente de material textual dispoñible pode dar resultados útiles, os métodos estatísticos están condenados ao fracaso no caso de idiomas cun material de mostra moito máis pequeno, ou no caso da tradución de oracións con estruturas complexas”, como é caso, entre outros, do galego, segundo di o estudo.

Publicidade

2.000 idiomas poderían desaparecer na próxima década

No caso do idioma galego, o estudo analiza dunha forma detallada as tecnoloxías da lingua, así como as aplicacións e as solucións para o galego. As autoras do capítulo, Carmen García Mateo e Montserrat Arza Rodríguez, ambas da Universidade de Vigo, sinalan no libro que “o galego é unha das linguas da UE que necesita aínda máis investigación para que as solucións das tecnoloxías da linguaxe cheguen a ser verdadeiramente eficaces e poidan ser empregadas para un uso diario”.

As autoras da investigación alertan das “importantes lagoas” nas “tecnoloxías básicas” e nos recursos dispoñibles para utilizar o galego na rede. “A variedade de ferramentas é aínda moi limitada en comparación cos recursos dispoñibles no caso da lingua española, e simplemente non son suficientes en calidade e cantidade para desenvolver o tipo de tecnoloxías necesarias que permiten apoiar unha sociedade do coñecemento verdadeiramente plurilingüe”, conclúen.

Ademáis das linguas usadas no Estado español, ata un total de 20 idiomas europeos estarían afectados por unha situación semellante, tales como o búlgaro, o croata, o checo ou o islandés. Segundo os expertos, un mínimo de 2.000 idiomas extinguiranse durante a próxima década. “A fenda entre as linguas maioritarias e as minoritarias é cada vez maior”, sinalan.

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:03:49

F de Fala: as palabras que nos sosteñen

'Veiga', 'laverca' e 'Rábade' son palabras que herdamos de linguas perromanas, xermanas e árabes e que hoxe forman parte do léxico galego

Unha campaña de doazón de voz recollerá as variedades fonéticas e dialectais de Galicia

O obxectivo é acadar as máis de 1.000 horas de gravación precisas para que dispositivos como Siri, Alexa ou Google recoñezan as distintas cadencias lingüísticas

As 10 palabras do Nadal en galego que debes saber

Existen moitas expresións para referirnos aos enfeites, as tradicións ou o tempo. Descúbreas e engádeas ao teu vocabulario

Máis xornalismo e máis divulgación

Editorial de Gciencia polo seu décimo aniversario