Venres 29 Marzo 2024

Os nenos galegos comezan nas redes sociais aos 11 anos e as nenas aos 12

Nas redes sociais os nenos comezan un ano antes que as nenas. Un equipo do Taller Permanente de Novas Masculinidades e Cambio Social do Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da USC, chegou tamén a conclusión de que as redes sociais teñen un gran poder socializador, sobre todo cando se trata de conformar e reproducir identidades de xénero.

O estudo evaluou as opinións de 634 mozos e mozas de primeiro e cuarto da ESO e de ciclo medio do concello de Santiago. O obxectivo do estudo é reflexionar sobre “a construcción de identidades de xénero ou cómo se aprende a ser home a través dos novos amos patriarcais que son as redes sociais”.

Publicidade

Jorge García Marín e Dolores Álvarez Pérez na rolda de prensa Foto: USC
Jorge García Marín e
Dolores Álvarez Pérez na rolda de prensa
Foto: USC

A relación coas redes sociais comeza a unha idade “moi temperá e case inconscientemente, aos 11 anos na maioría dos casos en homes, e aos 12 en mulleres”, recolle o estudo que coordina o profesor de Ciencias da Educación, Jorge García Marín, quen presentou os resultados nun encontro cos medios de comunicación xunto a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez Pérez. O investigador chamou a atención sobre a importancia da implicación das familias á hora de xestionar a utilización das redes dos menores.

O estudo constatou que os rapaces pasan máis tempo conectados que as mozas, e que existe unha pluralidade de redes sociais a través das que interactúan. A maneira na que se presentan nelas tamén posúe particularidades de xénero: mentres eles mostran un perfil utlizando fotos de persoas famosas ou imaxes relacionadas con coches, motos, fútbol…elas se decantan por imaxes de natureza romántica, personal, da familia, etc. O estudo tamén incluiu o tipo de uso que lle dan e preguntas alusivas a percepción dos perigos asociados.

O equipo de investigación encargado da elaboración deste traballo intégrano Jorge García Marín, Ramón Torrente García, Ana María Porto Castro e Mª Josefa Mosteiro García. Na presentación deste traballo destacaron que “comproba a importancia como axente de socialización das redes sociais na conformación e reprodución de identidades de xénero”. A partir deste primeiro paso “é necesario profundar nesta realidade a través dun estudo máis amplo analizando o uso concreto de determinadas redes sociais -cuantitativo e cualitativo- no ámbito autonómico, que permita delimitar con máis claridade aspectos cruciais da dominación masculina. Esta primeira toma de contacto demostra as diferenzas nos usos, tempos, perfís e información nas redes sociais segundo o xénero”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As plantas non nativas aceleran a desaparición dos ameneiros galegos

As árbores centroeuropeas que se importan para restaurar as plantacións afectadas por unha doenza fúnxica producen uniformidade xenética

Un novo método da USC axudará a combater o furtivismo marisqueiro en Galicia

Tres investigadores estiman que entre 2012 e 2020 máis de 1.700 persoas extraeron de forma ilegal 660 toneladas de marisco

Investigadoras galegas constatan que as mulleres autistas camuflan máis os seus síntomas

O enmascaramento provoca retrasos no diagnóstico e problemas de saúde mental derivados da presión social

Un equipo galego sinala os lípidos en sangue como biomarcadores de covid persistente

Investigadores do CiQUS ofrece unha nova perspectiva sobre a natureza desta enfermidade e abre a porta a diagnósticos e tratamentos máis específicos