Emoticonos dun teléfono móbil

Emoticonos dun teléfono móbil

Un bico ‘sexy’ é a emoticona máis usada en Galicia

A figura máis usada polos galegos no Whatsapp é unha boca seductora e no conxunto de España gaña a cara que envía un bico cun corazón

A emoticona dunha boca é o que máis usan os galegos nas súas conversacións de Whatsapp. Así o revela un estudo feito por Tiny Books, unha empresa que trasforma os chats do popular sistema de mensaxería en libro físico.

O peculiar estudo amosa conclusións sorprendentes e unha predilección polas emoticonas –envíamos 31 cada día- difícil de atribuír a condicionantes culturais ou xeográficos. Aragón comparte con Galicia o seu gusto polos beizos, Castela e León decántase por un corazón frechado, os navarros prefiren unha cariña triste e aburrida, os murcianos unha de sorriso tímido, La Rioja chisca un ollo, os cataláns aplauden, os madrileños emulan O berro e no interior, en Castela A Mancha, decántanse por un polbo.

A nivel estatal, a emoticona máis usado é o que envía un bico cun corazón (17%), seguido do que chora da risa (9%) e o corazón vermello (8%). Para extraer estas conclusións, os autores do estudo analizaron máis de 22 millóns de emoticonas enviadas no último ano.

De calquera xeito, os resultados semellan demasiado sorprendentes. O sentido común obriga a dubidar que a emoticona máis usada en Castela A Mancha sexa un polbo. E tamén dos beizos sensuais de Galicia…

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.