Xoves 28 Marzo 2024

Enxeñeiros da Universidade da Coruña lanzan a aplicación Mapa dos Galegos

Investigadores do Laboratorio de Enxeñaría Cartográfica, cartoLAB, da Universidade da Coruña, dixirido polo profesor Alberto Varela García, desenvolveron unha aplicación dixital denominada EMAPIC que partindo da idea de que todo pode ser representado nun mapa, mesmo as emocións das persoas, suma un proceso colaborativo de xeolocalización.

EMAPIC, no que traballan desde 2014, xurdiu da inquedanza de querer facer un mapa da felicidade das persoas, para o que se pensou que o mellor era preguntar directamente á xente qué pensaba e ónde estaba. Do desenvolvemento deste proxecto, desde este verán pasaron a realizar un proxecto de enquisas aos galegos, #mapadosgalegos, sobre a súa opinión de Galicia identificando a localización dos usuarios no mapa mundial. Este é un proxecto novidoso, xa que existindo moitas enquisas on-line, ningunha ten as capacidades de representación cartográfica de EMAPIC.

Publicidade

O obxetivo do #mapadosgalegos é ubicar a toda persoa que teña unha vinculación directa e clara con Galicia e poder visualizar o impacto de Galicia no mundo, para o que traballan en diversos algoritmos de análise xeoespacial para facer unha explicación da dispersión ou concentración de persoas con sentimento galego en distintos lugares do mundo.

A máis valorado de Galicia é a súa paisaxe, seguida da súa cultura

O equipo de cartoLab, ademais do seu director, está formado por Adrián Eirís, Jorge López, Marta Núñez, David Fernández e Daniel Veira. O Laboratorio de Enxeñaría Cartográfica, cartoLab, forma parte do grupo de investigación de Visualización Avanzada e Cartografía, da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos.

Até o momento, máis de 400 persoas desde os cinco continentes, de California a Xapón e de Islandia a Australia, pasando por Dubai ou Bangladesh, participaron no reto de localizar o maior número posible de galegos e galegas. Mediante unha enquisa a través da web, calquera persoa con vínculos directos con Galicia pode localizarse nun mapa, respondendo ademais a unas preguntas sobre a súa vinculación con esta terra ou o que máis lle gusta dela.

Ata agora participaron desde máis de 150 rexións de preto de 40 países distintos. Pese a que o 15% dos participantes declaran non ter nacido en Galicia, o 99% séntese galego sempre ou nalgunha ocasión. A paisaxe é o máis valorado de Galicia, especialmente entre os que viven na propia comunidade autónoma, pero tamén desde lugares como Brasil ou Perú. En Galicia tamén se considera a nosa cultura como algo de especial importancia, aínda que fóra non parece que se aprecie tanto. A xente, para o resto de España tamén é un aspecto a destacar de Galicia, mentres que os que están no estranxeiro tamén botan en falta a súa gastronomía.
No caso de querer participar neste mapa pode entrarse en:

Aquí se pode acceder ao Mapa dos Galegos
E aquí se poden ver os resultados

2 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un traballo da UDC sobre investigación básica en epilepsia gaña o Epiforward 2024

O equipo conseguiu reducir a actividade cerebral grazas á aplicación de campos magnéticos en áreas concretas do cerebro

Científicos galegos participan no primeiro mapa español de bacterias resistentes aos antibióticos

A base de datos en liña proporciona o perfil xenómico de 461 cepas, procedentes de 41 hospitais situados en 13 rexións de España

As infeccións de transmisión sexual entre menores de 18 anos medran un 37% en España

O XIV Congreso Nacional GeSIDA celebrado na Coruña reúne a centos de expertos que debatirán sobre os avances e retos no ámbito do VIH

Os Museos Científicos Coruñeses programan do 11 ao 19 de novembro a Semana da Ciencia

Co obxectivo de atender a elevada demanda de visitas, este ano prolónganse durante dúas fins de semana as celebracións da Semana da Ciencia