videoxogo 8888

Encontro profesional en Ferrol de creadores de videoxogos

Cristina Arbones e Bruno Galán presentarán as súas experiencias como creadores

A segunda edición dos Encontros Profesionais que organiza o Campus Industrial de Ferrol ten como tema “As potencialidades profesionais na industria dos videoxogos” e terá lugar este mércores, 4 de outubro, no salón de actos do Campus ás 16:30 horas.

Nesta sesión intervirán Cristina Arbones Pérez e Bruno Galán Adega, graduados en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desevolvemento do Produto pola Universidade da Coruña. Os encontros profesionais pretenden achegar o mundo profesional de antigos alumnos aos estudantes do Campus Industrial a través das súas propias experiencias laborais.

Cristina Arbones Pérez estudou na Escola Universitaria de Deseño Industrial da UDC, onde obtivo o Grao e realizou un Mestrado propio Universitario en Deseño de Videoxogos: especialidade Deseño & Arte na Universidad de Málaga. Foi confundadora de MoitaPechá, un estudio formado para o desenvolvemento do videoxogo “Paradaim”; artista 2D e 3D en Pixel Surfers, estudio dedicado ao desenvolvemento de videoxogos e á formación e, actualmente, é deseñadora gráfica de merchandising de videoxogos e aime para ABYstyle Studio.

Bruno Galán Adega graduouse tamén na EUDI da UDC e realizou o mesmo mestrado na Universidad de Málaga. Na súa experiencia profesional, foi artista 2D en Altivasoft, empresa dedicada ao desenvolvemento de videoxogos para móbiles, participando no desenvolvemento de máis de vinte xogos; cofundou a empresa Aristokraken Games, dedicada ao desenvolvemento de videoxogos para dispositivos móbiles, na que segue actualmente.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.