Imaxe dunha das edicións da competición. Foto: Duvi.

Imaxe dunha das edicións da competición. Foto: Duvi.

Unha competición de robots para achegar a enxeñaría aos mozos

A Escola de Enxeñaría Industrial da UVigo organiza a terceira edición do certame, dirixida a alumnos de ESO, Bacharelato e titulacións superiores

A Escola de Enxeñaría Industrial (EEI) da Universidade de Vigo celebrará o 28 de abril a terceira edición da súa Competición de Robots, na que tomarán parte máis de 800 estudantes de toda Galicia. O obxectivo de certame é achegar a robótica e o resto de disciplinas da escola ao estudantado de ensino secundario, bacharelato e titulacións superiores. Haberá dúas categorías: Wall-E, dirixida ao alumnado de ESO e Bacharelato, e R2D2 para o estudantado de titulacións superiores e outros interesados.

“É un gran desafío. O dato de participación é realmente formidable tendo en conta o axustado dos prazos da convocatoria, o que confirma que esta proba está sendo esperada polos centros educativos para participar”, explica Juan Pou, director da Escola de Enxeñería Industrial, que asegura que o futuro ao que se enfrontan as novas xeracións vai estar acompañado das novas tecnoloxías, a robótica, a realidade aumentada, a automatización en xeral, “polo que esta proba vailles axudar a tomar contacto con ese futuro de xeito progresivo e divertido. Ademais o marco da competición ofrécelles o aliciente de ser gañadores e lograr un recoñecemento”.

Participarán máis de 800 estudantes de toda Galicia

A competición de robots, organizada pola Escola da Enxeñería Industrial e coa colaboración coa Rama de Estudantes do Institute of Electrical and Electronics Engineers da Universidade de Vigo, contempla que os equipos participantes na categoría Wall-E terán un mínimo de tres e un máximo de seis compoñentes que deberán montar e programar un robot móbil partindo do kit básico, mBot Robot Educativo (2.4G), proporcionado pola organización. Os androides que participen nesta categoría deberán desenvolver dúas probas, unha de rastrexo, na que terán que seguir un camiño marcado no chan en cor branca, sobre un fondo escuro, duns dous centímetros de ancho e outra denominada varredor, dentro dun circuíto circular de aproximadamente dun metro de diámetro marcado no chan, no que se disporán dúas latas de refresco que o robot debe sacar do recinto no menor tempo posible.

Pola súa banda, os equipos da categoría R2D2 terán como máximo tres compoñentes e deberán crear un ou máis robots cun tamaño máximo da envolvente dun cubo de 20 centímetros de lado e un peso máximo de 1500 gramos, mentres que a sensorización, a forma e cor a configuración de tracción son libres. Estes robots deberán participar catro probas, tres individuais: rastrexo, labirinto e varredor e unha colectiva: sumo.

En ambas as dúas categorías a puntuación final será a media dos puntos acadados en cada unha das probas. Será un xurado formado por persoas designadas pola dirección da Escola as que realizarán a valoración dos robots que serán premiados, tanto por acadar a maior puntuacións nas probas das súas respectivas categorías, como pola súa orixinalidade.

Tras dúas edicións, o director da Escola de Enxeñería Industrial realiza un balance moi positivo, “de feito pola enquisa realizada despois da última sabemos que os centros están moi satisfeitos co desenvolvemento da proba, o que se reflicte na inscrición deste ano, xa que un elevado número de centros repite un ano máis e estes serven de referencia a outros novos que se animan a participar por primeira vez”, explica Pou.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.