O dicionario en liña ofrece a novidade desde a pasada semana.

O dicionario en liña ofrece a novidade desde a pasada semana.

O dicionario da RAG xa ofrece a busca directa de palabras en feminino

Ata o momento, a resposta á búsqueda de calquera termo remitía ao lema en masculino

O dicionario da RAG permite desde a pasada semana realizar a búsqueda de palabras directamente pola forma en femenino, tanto a través da web da Academia como desde o Portal das Palabras.

Este cambio modifica así a resposta á procura de termos que contemplaba ata o de agora o dicionario en liña. Cando se introducía unha palabra en feminino, a resposta remitía ao lema en masculino.

A RAG responde deste xeito a unha demanda reiterada por parte dos usuarios e das usuarias despois de probar a novidade no DicionarioLab, o laboratorio de probas aberto á participación colectiva para debater as novidades e melloras que se incorporarán ao diccionario, que foi lanzado pola RAG e a Fundación Barrié o pasado 8 de marzo.

O DicionarioLab tamén estreou a pasada semana outras novidades, como a procura de palabras por categorías gramaticais, moi demandada por lingüistas e outros colectivos profesionais como o da tradución. Poderase así buscar palabras escollendo entre as clases que sinalan a maioría das gramáticas xerais: substantivo, verbo, adverbio, adxectivo, artigo, contracción, conxunción, demostrativo, exclamación, indefinido, interrogativo, interxección, locución, numeral, participio, posesivo, preposición, pronome e relativo.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.