Xoves 28 Marzo 2024

Criptografía cuántica dende Vigo para a ciberseguridade

Dende hai varios anos, o investigador de AtlantTIC e profesor da Universidad de Vigo, Marcos Curty, traballa en criptografía cuántica, unha área de coñecemento enfocada a garantir a transmisión de datos ou información dun xeito completamente seguro. Tal e como o propio Curty indica, “a criptografía cuántica permítenos ter comunicacións totalmente seguras” xa que son sistemas “que non se poden romper” afirma, por iso no mundo actual, no que o intercambio de información sensible a través de internet crece a diario, institucións, empresas e gobernos traballan para crear redes seguras baseadas neste tipo de protocolos.
Grazas ao seu traballo en colaboración con outros grupos internacionais en institucións de referencia como o Massachusetts Institute of Technology, o Oak Ridge National Laboratory, as universidade de Toronto, Osaka e Xenebra e empresas de telecomunicacións como NTT ou Toshiba, entre outros, Curty incluíu os seus estudos sobre criptografía cuántica en publicacións como Nature Photonics. Esta revista científica, referente na investigación de fotónica, optoelectrónica, ciencia do láser, imaxes e comunicacións ópticas, publica no seu número de decembro un novo artigo no que participa Curty, titulado Discrete and continuous variables for measurement-device-independent quantum cryptography, e centrado en demostrar a viabilidade da utilización destes protocolos totalmente seguro en áreas metropolitanas, non exclusivamente para transmisións a longa distancia.

O investigador vigués traballa conxuntamente co Massachusetts Institute of Technology (MIT)

Os métodos actuais de criptografía non son totalmente seguros. A súa seguridade depende en xeral dos recursos computacionais que destinen as persoas que queiran rompelos e as capacidades e sistemas que existen na actualidade os converten xa en vulnerables. A criptografía cuántica soluciona esa problemática, achegando solucións absolutamente seguras e fiables para a transmisión de información. O investigadores saben que é completamente segura porque se basea nos principios teóricos da mecánica cuántica.
Sen embargo, unha cousa é a teoría e outra é a práctica e así, en 2010, investigadores da Universidade de Waterloo demostraron a dificultade de lograr que as implementacións experimentais de criptografía cuántica cumpran os requisitos impostos pola teoría para lograr seguridade absoluta. En concreto, nun traballo tamén publicado en Nature Photonics, estes investigadores probaron que dentro dos sistemas de encriptado cuánticos existe un elemento vulnerable: os detectores ópticos. Estes dispositivos son facilmente manipulables dende o exterior con iluminación adecuada, facendo que o sistema de encriptado sexa inseguro.

Publicidade

Curty logrou tapar un gran burato de seguridade nos sistemas de encriptado cuánticos

A partir dese momento, a hipótese de partida nas investigacións de Curty, en colaboración cun equipo da Universidade de Toronto, centrouse en demostrar a seguridade da criptografía cuántica cando o dispositivo de medida do sistema que inclúe os detectores está corrompido. Así, comezaron a traballar na idea de que tanto o transmisor como o receptor actuasen como transmisores, de tal maneira que ambos enviasen sinais luminosas a un terceiro elemento externo, que contén todos os detectores, e que non é necesario protexer porque, como explica Curty “pódese demostrar que a mecánica cuántica permite determinar se un atacante trata de acceder ao mesmo”. Como resultado, tense un sistema plenamente seguro independentemente do funcionamento dos detectores. É máis, estes poderían ser proporcionados directamente polo atacante e o sistema seguiría sendo seguro. Esta investigación tivo gran repercusión internacional no seu momento e publicáronse reportaxes en Science News, Physics World ou nos Physics highlight of the year da Sociedade Americana de Física. Do mesmo xeito, varios grupos experimentais e empresas internacionais xa confirmaron experimentalmente a viabilidade da propoesta.
Máis información no seguinte enlace:
http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=10789&Itemid=2

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Tecnoloxía personalizada para o rural: “Se unha persoa maior se perde, o seu veciño pode saber onde está”

Un equipo de atlanTTic investiga a viabilidade de prestar servizos dixitais nas aldeas sen cobertura adaptados ás necesidades dos seus habitantes

A UVigo deseñará sensores fotónicos para identificar células tumorais

Membros de atlanTTic participan no proxecto europeo Retina para a mellora de procesos nos ámbitos da saúde, da automoción e da agricultura

Pódese predicir o estrés emocional dos adolescentes a través da voz? Así o investiga atlanTTic

Dende o centro da UVigo lidéranse varios proxectos nos que se utiliza a intelixencia artificial para analizar a fala e, así, mellorar a calidade de vida das persoas

A primeira doutora en Aeroespacial da UVigo: “Espero que sirva para romper as barreiras de xénero”

Uxía García Luis, investigadora de atlanTTic, centrou a súa tese na fiabilidade das análises termo-elásticas dos telescopios espaciais