Venres 29 Marzo 2024

Condenan a Vodafone a devolver 4 millóns a usuarios galegos

A compañía de comunicacións Vodafone foi condenada hoxe pola Audiencia Provincial da Coruña, que confirmou a sentenza de primeira instancia, considerando que cobrou indebidamente a máis de medio millón de usuarios afectados 6 euros ata setembro de 2013 e 8 euros a partir desa data por liberar o teléfono móbil e contratar con outras compañías operadoras fóra do período de permanencia.

Os usuarios afectados ascenden a 519.360, polo que a compañía terá que devolver catro millóns e medio de euros. A demanda foi interposta por ADICAE e a Fiscalía de Galicia, e ratifica o carácter abusivo do cobro de ata 9,68 euros polo desbloqueo e liberación de terminais móbiles unha vez finalizado o período de permanencia.

Publicidade

A Audiencia Provincial condena a Vodafone a cesar no uso destas cláusulas, suprimilas nos novos contratos e a eliminalas dos que teñan concertados e aínda as conteñan.

Segundo valora a asociación ADICAE, a sentenza condena á operadora de telefonía a reembolsar o cobro indebido e a unha indemnización con gastos e intereses que neste caso incrementáronse nun 2% como forma de penalización, explicitando que o fallo da mesma alcanza a todos os consumidores afectados, estivesen ou non presentes asinando a reclamación.

A sentenza tamén prevé que calquera consumidor poida reclamar a aplicación da mesma e ADICAE habilitou unha plataforma a través da cal facilitar que todo usuario vítima do abuso agora sentenciado se poida beneficiar da resolución xudicial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que deberiamos deixar de usar o móbil no baño

O teléfono está máis sucio que a tapa do váter e usámolo centos ou miles de veces ao día sen que se nos pase pola cabeza limpar as mans

Un enxeñeiro galego crea un mecanismo para acelerar as conexións a internet no móbil

Esta proposta da tese de Pablo Fondo, do atlanTTic, é compatible coas redes 4G existentes, o que facilita a súa integración

WhatsApp volve á normalidade logo de dúas horas colapsado en todo o mundo

O primeiro fallo no sistema de mensaxería empezou sobre as nove da mañá deste martes e agora xa funciona con normalidade para a maioría de usuarios

Máis do 91% dos rapaces galegos de 5 a 15 anos usa dispositivos dixitais

Un informe da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia recolle que a porcentaxe ascende ao 99% na franxa de 10 a 15 anos