Presentación de Youtubeir@os en Pontevedra.

Presentación de Youtubeir@os en Pontevedra.

Comeza Youtubeir@s para ‘encher a rede de vídeos en galego’

As tres universidades de Galicia e once concellos impulsan esta iniciativa

Encher a rede de vídeos en galego é o obxectivo de Youtubeir@s, un concurso impulsado polos servizos de normalización lingüística das tres universidades galegas e once concellos, que co propósito de promover a participación nesta iniciativa desenvolve en diferentes vilas e cidades unha serie de obradoiros formativos. A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e a Casa das Campás serán de feito a sede de dous dos seis talleres que terán lugar en Pontevedra, como anunciaron este luns o concelleiro de Normalización Lingüística, Alberte Oubiña, e o director da Área de Extensión Cultural do campus, Manuel Morquecho, na rolda de prensa de presentación duns cursos dirixidos a facilitar a realización destes contidos audiovisuais por parte.

O concurso pretende fomentar os uso do galego nos contidos audiovisuais

Fomentar o uso do galego nos contidos audiovisuais dunha das redes máis empregadas no mundo e incitar a que as persoas compartan as súas habilidades e criterios con vídeos autoproducidos son os obxectivos centrais dunha iniciativa impulsada polos concellos da Coruña, Ames, A Baña, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove xunto coas universidades da Coruña, Santiago e Vigo. “A verdade é que está funcionando bastante ben”, salientou Oubiña dun certame que defendeu como “unha maneira moi significativa de facer que o galego estea presente na rede, de sacalo á luz para que brile”.

O concurso comprende as categorías de Video-facermos, dirixido a reunir titoriais nos que se mostren saberes e procesos de elaboración, e Vídeo-opinarmos, na que recoller análises e valoracións de múltiples temas de interese. Ambas categorías contarán, como explicou Morquecho, cun primeiro premio de 1000 euros, ao que se suman as mencións honoríficas, dotadas con 500 euros á creatividade, eficiencia comunicativa, calidade técnica e calidade lingüística.

O prazo de presentación das pezas a este Concurso de vídeos na Rede, que deberán ter unha duración máxima de cinco minutos, contar cunha licencia creative commons, estar producidos en galego e estar dispoñibles en Youtube. A inscrición pode realizarse a través da web e o prazo de presentación de pezas permanecerá aberto ata o 28 de abril.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.