O código aberto chega aos tractores.

O código aberto chega aos tractores.

Chega ‘Eu amo fedellar’: o tractor en código aberto

A rede Revolta, integrada por sete grupos de investigación de Galicia, leva o código aberto á maquinaria agrícola

O ‘código aberto’ non só se aplica ao software. Tamén é útil no hardware. Mesmo fóra do mundo da informática. Un proxecto galego quere levalo ao agro, para que os labregos sexan autosuficientes e poida xestionar tractores, motocultores ou colleitadoras sen depender de grandes corporacións.

Logotipo de Eu Amo Fedellar.

Logotipo de Eu Amo Fedellar.

A Rede ReVOLTA, formada por sete grupos de investigación das universidades galegas, o colectivo de creación contemporánea Montenoso, a ONG Enxeñería sen Fronteiras, o colectivo Makers de Lugo, a Asociación Galega de Amigos de Maquinaría Agrícola Clásica , e o Colexio Alcalde Xosé Pichel de Coristanco celebra hoxe, a partir das 11.00 horas, na escola unitaria de Trasliste, no concello lugués de Láncara, a xornada ‘Eu amo fedellar’, a través da que pretende impulsan a creación dunha comunidade de desenvolvedores/as de maquinaría agrícola en código aberto.

A proposta de ‘Eu amo fedellar’, na que xa formalizaron a súa inscrición preto de 40 persoas, insírese dentro do movemento das economías en código aberto e parte da capacidade propia dos galegos e galegas, que historicamente veñen acreditando unha capacidade de autosuficiencia, e do proxecto Open Source Ecology, unha comunidade que traballa no desenvolvemento de maquinaría agrícola en código aberto.

Un encontro en Láncara (Lugo) impulsa a rede Revolta

O movemento Open Source ten aberto un amplo abano de posibilidades de desenvolvemento de programas, aparellos… por parte de comunidades, tanto no ámbito do hardware libre, o software libre e tamén, como non podería ser menos no ámbito da maquinaría agrícola en aberto. Estas comunidades de desenvolvedores/as destacan pola apertura do código e a posibilidade de mestura e uso por parte da cidadanía interesada, facilitando que todo aquel que estea interesado poda fedellar, fozar no seu aparello e amañar por si mesmo a súa propia maquinaría.

Un relatorio sobre a innovación tecnolóxica ao longo da historia, a cargo do catedrático da USC Lourenzo Fernández Prieto, abrirá este venres, ás 11.00 horas, o programa ‘Eu amo fedellar’, no marco do que Pablo Blanco, de Montenose, relatará a súa experiencia no deseño e manufactura dun produto.

Tucho Méndez, do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco; Jesús Toural, de Makers Lugo; Marcos Vázquez, da Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica, e un membro de ‘ Enxeñaría sen Fronteiras’ completan a relación de relatores que intervirán no programa de ‘Eu amo fedellar’, que se desenvolverá en quenda de mañá.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.