Rafa, alumno de 3º de ESO do Maruxa Mallo, localizou a Marumasat 3 en Negreira. Imaxe: Marumasat.

Rafa, alumno de 3º de ESO do Maruxa Mallo, localizou a Marumasat 3 en Negreira. Imaxe: Marumasat.

Atopan a Marumasat 3 en Negreira

Un estudante do Maruxa Mallo encontrou a sonda da Axencia Espacial Galega preto de onde estaba previsto a súa caída no día do lanzamento

Acabou a incerteza e os centos de participantes no proxecto do Marumasat 3, a última sonda da Axencia Espacial Galega, a NOSA, respiran aliviados. Seis días despois de que perderan contacto con ela, tras realizar o despegue no IES Maruxa Mallo, en Ordes, un alumno de 3º de ESO deste instituto atopou na tarde do sábado a cápsula preto de Negreira.

Así o comunicaba esta tarde a NOSA. A zona é “moi próxima ao punto de aterraxe previsto calculado o día do lanzamento”. Engaden que “parece que está en bo estado, e a aterraxe foi segundo o previsto. O pasado luns, ao perder contacto coa Marumasat 3 cando voaba a máis de 13.000 metros de altura, o equipo valorou a posibilidade de que se desviara da súa traxectoria e acabara caendo na zona de Outes. Esta mesma tarde, segundo os cálculos, decidiran ampliar a busca a Muros e Carnota.

Con todo, e unha vez atopada a Marumasat 3, a satisfacción vai ser notoria entre os centros participantes na iniciativa: Maruxa Mallo de OrdesMarco Camballón de Vila de Cruces, Miraflores de Oleiros e Xelmírez de Santiago. Agora é o momento de analizar os datos recollidos pola cápsula, que se cre que ascendeu ata os 35 quilómetros de altura. E está por ver se tamén eclosionou o ovo de abella que levaba a bordo.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.