uvigo motorsport

Así corre o monopraza da escudería UVigo MotorSport

Os alumnos de Enxeñaría comezan as probas en circuito do seu novo prototipo UM17 con motor Kawasaki

Xa corre o monopraza da Formula Student da escudería universitaria UVigo Motorsport. Os estudantes comezaron as súas probas para as citas deportivas nas que participarán este verán: a xermana de Hockenheim, do 8 ao 13 de agosto, e a española de Montmeló do 23 ao 27 do mesmo mes.

Para esta tempada contan con cambios substanciais a nivel visual, fabricando un chasis híbrido no que combinan un monocasco en fibra de carbono e un chasis de aceiro tubular, o que lles permite ter maior accesibilidade á hora de traballar no motor e tamén conseguir unha mellor refrixeración.

Hockenheim e Montmeló serán os circuitos onde competirá o UM17

Ademais conseguiron incrementar a fiabilidade do vehículo grazas á substitución do motor Aprilia SXV polo Kawasaki ER9-F de 650cc. Con estes cambios, o equipo espera poder superar os resultados acadados na temporada pasada xa que, segundo indican, o Kawasaki lle outorgará maior robustez, potencia e fiabilidade.

O circuíto de Montmeló, que acollerá a competición de Formula Student Spain, e o alemán de Hockenheim, onde se disputará a Formula Student Germany son as probas nas que participará o equipo vigués e nas que demostrarán o traballo de todo o ano. A cita xermana é a máis esixente de todas e nela enfrontaranse aos competidores máis fortes a nivel internacional. “Como en todos os circuítos europeos para poder correr en Hockenheim hai que superar un exame de acceso cronometrado. Este ano presentáronse 200 solicitudes e só lograron pasar á competición os 65 equipos que o fixeron en menos tempo, entre os que estamos nós”, confirma Pedro Cuesta, satisfeito por conseguir participar no mítico circuíto.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.