Xoves 25 Abril 2024

Aquí están as 6 apps máis absurdas do ano

Remata 2015 e aparecen as listaxes do mellor e do peor. A que sigue é do peor, obviamente. Porque se trata das Apps absurdas máis descargadas este ano para Apple e Android. Todas son de balde. E, por suposto, todas as necesitas xa. Porque ter o móbil cheo de parvadas é o que máis nos gusta.
CUDDLR: Unha aperta a tempo transmite felicidade e resulta saudable. E hai días en que necesitas ser abrazado. Esta aplicación convida a descoñecidos próximos a darte un abrazo.
RUN PEE: Non doado atopar un intre para ir ao baño dende que Televisión Española eliminou a publicidade das películas. No cinema, o problema é o mesmo. Cal será o mellor momento para ir mexar? Podes trabucarte e perder as secuencias máis interesantes. Con Run Pee, só tes que poñer o nome do filme e saberás cando ir ao baño ou cando é mellor aguantar para non perder o importante.
GAME FOR CATS: O nome é o que semella. Hai días no que o teu gato ten pinta de aburrido. Esta app pode procurarlles horas e horas de festa. A pantalla emite luces cando os felinos poñen as súas patas enriba.
HELLO COW: Un xogo moi para galegos da Terra Chá. E da Ulloa. E de todas as bisbarras con grandes explotacións leiteiras. Ola, Vaca. Simplemente, cando a saúdas, a marela sorrí enchida de felicidade.
SKINNYPIX: Os selfies tamén poden ser perfectos. Como se as túas fotos foran retocadas con photoshop. Esta app adelgaza a túa figura para que poidas compartila agachando lorzas e cartucheiras.
IFART: Emula o son de duascentas clases de peidos distintos. Leva anos estando entre o Top Ten das máis descargadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Canto custa o teu terreo? Esta aplicación dáche a resposta

A Dirección Xeral do Catrastro lanza unha ferramenta que permite consultar información de todos os teus inmobles urbanos e rústicos

Queres saber cal é a flora que predomina no teu concello? Contámoscho aquí

O proxecto de ciencia cidadá Pl@ntNet permite acceder á biodiversidade vexetal existente en cada zona do planeta a través do uso de imaxes

Unha aplicación galega facilita o acceso a contidos culturais a persoas en risco de exclusión

A Xunta, xunto co centro de investigación AtlanTTic da UVigo, lidera o proxecto no que participan socios lusos, polacos e islandeses

Así soa Carmela, a nova Siri galega

A última actualización do sistema operativo móbil de Apple, o iOS 16, xa permite que os seus dispositivos poidan ler textos no noso idioma