Visita do patronato ás instalacións de CINAE nas que se materializou o acordo.

Visita do patronato ás instalacións de CINAE nas que se materializou o acordo.

Aistech Space encarga tres microsatélites ao Centro Aeroespacial de Galicia

Os satélites de comunicacións e teledetección serán deseñados en Porto do Molle, da Zona Franca de Vigo

A confirmación da subscrición dun acordo coa empresa Aistech Space para a posta en órbita de tres microsatélites de comunicacións e teledetección foi un dos asuntos máis salientables dos abordados nas últimas horas polos integrantes do padroado do Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia, Cinae. O acordo acadado con Aistech contará cunha achega de capital a través da convocatoria de Gain de Unidades Mixtas de Investigación. A través deste acordo de catro anos de duración, a Xunta de Galicia achegará 700.000 euros a Cinae para o desenvolvemento dunha plataforma multimisión que será utilizada por Aistech como precursor dunha constelación de 25 microsatélites. O custo total deste precursor é de 2,3 millóns de euros.

O CINAE ten previsto aumentar o seu equipo científico ata 25 persoas

Un grupo de enxeñeiros aeroespaciais, de telecomunicación, software e industriais, serán os encargados de desenvolver os proxectos da área aeroespacial, como o deseño e fabricación do satélite 2U para Aistech, así como outros proxectos relacionados con avións non tripulados. O director xeral, Antonio Castro e o director técnico de Cinae, Fernando Aguado, foron os encargados de presentar aos membros do padroado a este equipo de investigadores residentes que xa está a traballar nas instalacións de Porto do Molle, do Consorcio da Zona Franca de Vigo.

Os vogais da Fundación deron luz verde a un plan de actuación para o vindeiro ano no que destacan tres proxectos do campo aeronáutico e o desenvolvemento dos citados satélites. En 2017 tamén está previsto aumentar a contratación de persoal para o equipo científico ata chegar ás 25 persoas.

Na xuntanza aprobouse a renovación por un ano máis do mandato do presidente, Salustiano Mato, e da vicepresidenta, Teresa Pedrosa.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.