Xoves 18 Abril 2024

Aeroxeradores en viadutos, a nova fonte de enerxía renovable

As grandes pontes da rede de estradas poderían incorporar turbinas eólicas para producir electricidade. Así o confirman os cálculos efectuados por un equipo de enxeñeiros coa participación da Universidade de Vigo, en colaboración cun equipo do Reino Unido, que tomaron como referencia un viaduto de Canarias. Esta idea poderíase aplicar en territorios masificados con infraestruturas ou en áreas naturais onde se limita a construción de novas instalacións.
O viaduto do Barranco do Juncal, en Gran Canaria, serviu de referencia a científicos españois e británicos para comprobar que o vento que sopra entre os piares deste tipo de infraestruturas pode mover aeroxeradores e producir enerxía.
O estudo baséase en modelos e simulacións por ordenador levados a cabo polo investigador Óscar Soto e outros colegas da Universidade de Kingston (Reino Unido). Os científicos representaron os distintos tipos de turbinas mediante discos porosos para valorar a súa resistencia ao aire e poder probar diversas configuracións.

Un viaduto medio daría electricidade a 500 vivendas

“Como é natural, canta máis superficie abranga o rotor, máis potencia pódese extraer; non obstante, temos visto que en turbinas pequenas a relación de potencia producida por metro cadrado é maior”, explica Soto, quen considera que a configuración de dúas turbinas idénticas sería a máis viable para incorporar aos viadutos.
No viaducto canario analizado, dúas turbinas producirían un total de 0,5 MW, o que se clasifica dentro da gama de aeroxeradores de media potencia. “Isto equivalería ao consumo medio dunhas 450 ou 500 vivendas”, apunta Soto, quen engade: “Unha instalación deste tipo evitaría a emisión dunhas 140 toneladas de CO2 ao ano, unha cantidade que representa o efecto de depuración duns 7.200 árbores”.

Publicidade

A UVigo participa no proxecto xunto á Universidade de Kingston (UK)

Esta investigación foi promovida pola empresa canaria ZECSA. Nela tamén participaron científicos da Universidade de Vigo para analizar as conexións eléctricas que se necesitarían para desenvolver o proxecto, xunto a outros da Universidade de Las Palmas, que se encargaron da súa integración no ámbito das enerxías renovables.
De feito, o traballo publicouse na revista Renewable and Sustainable Energy Reviews e enmárcase dentro da iniciativa PAINPER, un plan de aproveitamento de infraestruturas públicas para impulsar as enerxías renovables.
“PAINPER é unha iniciativa que xurdiu a raíz das dificultades observadas para a implantación deste tipo de enerxía en territorios masificados por infraestruturas, así como en espazos protexidos onde é escasa a superficie útil para novas instalacións”, apunta Aday C. Martín, xerente de ZECSA, quen considera que a enerxía renovable dos aeroxeradores nos viadutos se podería sumar á obtida noutras instalacións eólicas, solares, xeotérmicas e de biomasa.

2 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cinco novos parques eólicos ameazan a Ribeira Sacra: especies e patrimono, en perigo

Aves vulnerables como a tartaraña cincenta ou o milano real quedarían desprotexidas na Reserva da Biosfera Serras do Oribio e Courel

As comunidades enerxéticas renovables chegan ao sector agroalimentario

A planta fotovoltaica instalada nunha granxa de Mazaricos cobre o 35% das súas necesidades enerxéticas e abastece a cooperativas gandeiras da zona

O foco eléctrico de López de Neira en Vigo

En 1880, o industrial trouxo de París unha potente lámpada que sorprendeu aos seus concidadáns

Pero por que gasta tanta electricidade Bitcoin?

A procura do 'consenso' é en boa medida a responsable, pero existen alternativas e incentivos para abordar a transición a blockchains máis eficientes