Raymond Samuel Tomlinson.

Raymond Samuel Tomlinson.

Adeus ao pai do correo electrónico

Falece Raymond Samuel Tomlinson, tamén creador do símbolo arroba (@) para os mails

O mundo di adeus ao home que inventou o email e elixiu a arroba como símbolo universal dos correos electrónicos: Raymond Samuel Tomlinson, quen faleceu á idade de 74 anos.

Tomlinson naceu en Amsterdam (Nova York) en 1941. Graduouse en Enxeñería Eléctrica en Rensselaer en 1963 e continuou a súa formación no Instituto Tecnolóxico de Massachussets (MIT). En 1967 uniuse a unha compañía tecnolóxica na que contribuíu a desenvolver o sistema operativo TENEX, que incluía ARPANet e TELNET.

En 1971 desenvolveu a primeira aplicación de correo electrónico para enviar mensaxes entre computadores. Buscou un símbolo que estivese en todos os teclados pero non aparecese nos nomes das persoas ou empresas e elixiu a arroba (@) para distinguir os correos locais dos globais na dirección da mensaxe. A súa primeira dirección de correo electrónico foi tomlinson@bbn-tenexa. Pouco despois o seu uso estendeuse aos e-mails de todo o mundo.

En 2009 recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica xunto con Martin Cooper, pai do teléfono móbil, polas súas contribucións “ao gran avance tecnolóxico das comunicacións humanas”.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.