As aplicacións da RAG para móbiles estrean novas funcionalidades.

As aplicacións da RAG para móbiles estrean novas funcionalidades.

A Academia Galega estrea novidades no seu dicionario para móbiles

O dicionario para Android e iOS incorpora as voces en feminino, buscas preditivas e novos xogos

As aplicacións do Dicionario da Real Academia Galega para android e iOS estrean unha nova versión que incorpora cambios demandados polos usuarios e usuarias e funcións que xa foran introducidas na versión web deste recurso esencial da lingua galega. Os traballos de mellora foron desenvolvidos co apoio da Fundación Barrié.

As aplicacións para dispositivos móbiles optimizan as buscas preditivas, que unifican os homónimos, de tal xeito que xa non é preciso escoller entre dúas palabras iguais distinguidas unicamente por un sinal numérico. Outra función xa en marcha na versión en liña do Dicionario que se incorpora a estas ferramentas é a busca directa das palabras con variación xenérica pola forma en feminino, que pasan a aparecer tamén como opción nas buscas preditivas.

Por último, fixéronse unha serie de modificacións na ordenación das palabras e no xeito de compartir os termos a partir de eivas detectadas na anterior versión.

As aplicacións do Dicionario da Real Academia Galega superan as 75.000 descargas. En 2017, achegáronse aos dous millóns de visualizacións que hai que sumar aos máis de 20,5 millóns de consultas recibidas a través da versión en liña do Dicionario, dispoñible na páxina web da institución (academia.gal) e no Portal das Palabras, o proxecto para a modernización do traballo lexicográfico e a difusión da nosa lingua da RAG e a Fundación Barrié. As apps dan tamén acceso aos xogos de léxico e á sección “A palabra do día” do Portal.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.