Páxina principal da plataforma Sila Games, nacida en Vigo e de gran impacto internacional.

Páxina principal da plataforma Sila Games, nacida en Vigo e de gran impacto internacional.

Premio para a plataforma galega de videoxogos Sila Games

A empresa é lider en España en distribución para PC e fai o 98% das súas vendas no estranxeiro

Sila Games, plataforma galega de distribución de xogos en liña, vén de obter o Premio Novo Empresario que concede a asociación AJE-Vigo. Sila Games, con sede en Vigo, é unha plataforma comercial con clientes en Estados Unidos, Canadá, Alemaña, Corea do Sur, Taiwán ou Australia. De feito, lembra AJE-Vigo, o 98% das súas vendas sitúanse fóra do mercado estatal.

Ademais, engade a asociación, Sila Games foi que de superar xa, por volume de usuarios, á meirande empresa de distribución de xogos dixitais en España e compite na actualidade con empresas do panorama internacional. Sila Games dispón dun catálogo de máis de 1.800 xogos para PC dalgúns dos maiores desenvolvedores do panorama internacional. A empresa foi posta en marcha por Francisco Javier Mosquera, que recolleu onte o devandito premio de mans do conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.