Imaxe capturada pola Estación Espacial Internacional ao seu paso por Galicia.

Imaxe capturada pola Estación Espacial Internacional ao seu paso por Galicia.

A Estación Espacial Internacional orbita sobre Galicia

A ISS foi visible o mércores ás 18.37 horas, surcando o ceo nocturno a gran velocidade

Apareceu como unha estrela fugaz moi brillante no ceo nocturno de Galicia. Ás 18.37 horas deste mércores, a Estación Espacial Internacional pasou sobre a perpendicular de Santiago de Compostela, sendo visible dende toda Galicia. A ISS (polas súas siglas en inglés), dá 16 voltas á Terra cada vintecatro horas. Orbita a 27.750 quilómetros por hora, a unha altura de 360 quilómetros. Polo tanto, é visible dende Galicia en varias ocasións ao ano, aínda que desta volta as condicións meteorolóxicas eran moi favorables, con ceos despexados en boa parte do país.

estacion espacial

Dende que foi lanzado polos rusos en 1998 o primeiro módulo, chamado Zarya, a ISS ten realizado máis de 80.000 órbitas. Dende o ano 2000, está habitada de xeito permanente, polo que este ano cumpre o seu 15 aniversario. E, como as xornadas na estación espacial teñen tantos ‘días’, o tempo dá para moito. Malia facer importantes experimentos, os astronautas adoita fotografar o planeta Terra, sobre todo dende o módulo cúpula, construído como un miradoiro. Aquí podes ver varias das mellores fotos que teñen sacado de Galicia dende a Estación Espacial Internacional.

Ademais, a NASA ofrece un servizo gratuíto polo que envía un mail para avisar con horas de adianto cando a ISS vai pasar por unha zona completa do planeta e haberá boa visibilidade para seguila. Só envía alertas se coincide coa noite e está nun punto elevado sobre o horizonte. A estación espacial obsérvase como se fose un avión a moi alta velocidade, ou como unha estrela fugaz chamativa por ser moi brillante. Segundo as épocas, estas condicións acontecen en todo o planeta entre dúas veces por semana e unha vez cada dous meses.

Aquí podes seguir en directo o paso da Estación Espacial Internacional
Aquí tes a representación gráfica con mapas
E aquí o vídeo en directo desde a ISS:

Broadcast live streaming video on Ustream

Unha resposta a “A Estación Espacial Internacional orbita sobre Galicia”

  1. María del Rosario Pazos Pesqueira

    Espectacular.
    Gracias por la vuestro tiempo y el trabajo que desarrollais en beneficio de la humanidad. Muchos abrazos y feliz

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.