Venres 29 Marzo 2024

Galicia ten 5.000 topónimos máis que Portugal enteiro

Cada recuncho de Galicia ten o seu nome propio.  A comunidade galega conta con case a cuarta parte de todos os topónimos que existen en España e 5.000 máis que todos os de Portugal. Co fin de preservar esta riqueza de topónimos e evitar a desaparición destes vocábulos transmitidos de xeración en xeración, a Xunta renovará a web Toponomia de Galicia cunha gran base de datos e a actualización do Noménclator actual, vixente desde 2003, que rexistra 38.000 entidades de poboación.

Presentación do novo portal oficial de Toponimia de Galicia.
Presentación do novo portal oficial de Toponimia de Galicia.

Tanto na nova web como na versión actualizada do Nomenclátor vanse revisar os 30.000 nomes que xa figuran coas coordenadas, e xeorreferenciaranse arredor de 10.000 nomes de entidades de poboación que figuran no Nomenclátor da Xunta de Galicia e que non as posúen, que quedarán incluídos. Neste momento xa se están a realizar os traballos de campo e de recompilación de información lingüística e xeográfica para publicar ambas as ferramentas antes de que remate o ano.

Publicidade

O obxectivo destas actuacións é elaborar un novo Nomenclátor corrixido e actualizado que sexa fonte única de información oficial e normalizada para todas as Administracións e para cartografía de Galicia, evitando duplicidades, así como divulgar este documento xeorreferenciado entre organismos públicos (locais, autonómicos e estatais), empresa privada e público en xeral. A introdución das coordenadas xeográficas de cada topónimo para localizalo a través das novas ferramentas TIC permitirá o seu uso en aplicacións de uso habitual na actualidade como navegadores de vehículos ou buscadores de enderezos.

Galicia ten a cuarta parte de todos os topónimos de España

Por outra banda, a renovada web do Proxecto Toponimia de Galicia contará con contidos divulgativos destinados a difundir o valor, riqueza e singularidade dos topónimos galegos, protexidos pola Lei de normalización lingüística e recoñecidos como parte do noso patrimonio inmaterial pola Lei para a salvagarda do patrimonio inmaterial do Estado español e pola Lei de patrimonio cultural de Galicia.

Así mesmo, a medio e longo prazo, procurarase a colaboración de asociacións e particulares na recompilación e xeolocalización da microtoponimia, é dicir, a toponimia referente ás entidades xeográficas distintas dos núcleos de poboación, tales como terras de cultivo, cursos de auga, outeiros e montes.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, indicou que o Proxecto Toponimia leva xa máis de 15 anos de andaina, no que toda a Xunta está implicada nel, e destacouno coma un proxecto de gran importancia cultural e histórica, que contribúe á recuperación dunha parte tan rica do noso patrimonio, coma é a toponimia.

O proxecto é unha iniciativa aberta á colaboración da cidadanía

Rueda incidiu que este proxecto é unha iniciativa aberta á cidadanía, no que pode colaborar, xa que cando estea lista a nova aplicación poderán facer as súas achegas e enriquecer aínda máis as bases de datos, dispoñible para PC, tableta e smartphone, que permite así a recollida e xeorreferenciación da microtoponimia galega.

O secretario xeral de Política Lingüística salientou a colaboración decisiva do seu departamento na recuperación e fixación dos topónimos na súa forma lingüística, en estreita colaboración coa Real Academia Galega. Así mesmo, sinalou que hai que protexer e difundir este tesouro cultural.

Pola súa parte a directora da Amtega, Mar Pereira, enmarcou esta iniciativa nas medidas da Axenda Dixital de Galicia 2020 para dixitalizar o patrimonio cultural material e inmaterial da Comunidade e destacou que a tecnoloxía nos ofrece solucións avanzadas para preservar o noso patrimonio e para facelo universal e accesible a todo o mundo.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

▪️ Expertos en tecnoloxía, ciencias e humanidades asesoran a Xunta para o uso ético da IA

A comisión de especialistas elabora recomendacións para impulsar accións formativas e a sensibilización na administación e empresas

Os homes len en galego 27 palabras máis por minuto que as mulleres

A filóloga Carme Hermida cre que elas son menos veloces porque practican unha lectura máis atenta ca eles

A Plataforma Dixital Agroforestal de Galicia empregará intelixencia artificial ao servizo do campo

Agricultores, gandeiros e silvicultores poderán cumprir obrigas coa administración e vixiar as súas explotacións, entre outras funcións

As aulas CeMIT formaron a 900 persoas en impresión 3D, robótica ou programación

Amtega distribuíu máis 1.300 novos dispositivos este ano nunha rede que xa conta con máis de 113.000 usuarios