A App desenvolvida en Vigo permite comprobar se o coche está entre os trucados no escándalo de Volkswagen.

A App desenvolvida en Vigo permite comprobar se o coche está entre os trucados no escándalo de Volkswagen.

A aplicación viguesa contra o ‘dieselgate’

Un despacho de avogados da cidade crea unha ferramenta para detectar o fraude de Volkswagen nas emisións de CO2

Os usuarios de coches Volkswagen perderon a paz hai unhas semanas, cando o xigante automobilístico alemán tivo que renderse á evidencia: manipulara durante anos os motores dos vehículos para falsear as emisións de CO2. Dende entón, a gran preocupación de propietarios desta marca é saber se están entre os enganados, un trámite moi pesado que implica pelexas cun teléfono colapsado pola avalancha de demandas ou unha consulta na web na que posiblemente os usuarios menos doctos coa tecnoloxía perdan a paciencia. Estes eran, polo menos, os atrancos máis frecuentes que os avogados de IBM, na súa sede viguesa, detectaban tras a irrupción do escándalo da Volkswagen e que moitos afectados lles relataban. Así que decidiron atallar e crearon unha aplicación telefónica e un formulario online que cos datos persoais do propietario, o número de bastidor e o modelo do vehículo baixo sospeita son suficientes para ter nun corto espazo de tempo, un veredicto. O estreo da ferramenta, que acaba de ser lanzada, foi un positivo esta mesma mañá. Tanto a aplicación para descargar como o formulario se poden atopar na web de IBM Vigo.

Á aplicación pode accederse dende a web de IBM

Á aplicación pode accederse dende a web de IBM

“Con eses datos que pedimos nós dirixímonos despois á compañía para corroborar se o coche está afectado ou non. Unha vez o sabemos poñémonos en contacto co propietario e orientámolo se o desexa”, explica Celeste Barco, unha das avogadas do despacho vigués, que veu nacer a aplicación nas mans do seu propio informático. O dieselgate multiplicou as consultas ao despacho pero tamén as dúbidas iniciais dos cidadáns ante os problemas para saber se deben contarse entre as vítimas do fraude. “Notamos moita preocupación. É semellante ao das preferentes, que a xente non acababa de saber se as tiña ou non. A trampa de Volswagen ten implicacións na potencia do coche, no imposto de circulación e no valor do vehículo, por exemplo”, enumera Barco algún dos argumentos para aclarar canto antes as sospeitas.

‘A trampa de Volkswagen ten implicacións na potencia e no valor do coche’

Segundo o grupo alemán, que abarca as marcas Volkswagen, Audi, Seat e Skoda entre outras, uns 50.000 poderían estar afectados en España. Nestes casos, os propietarios deben esixir a actualización do motor de maneira totalmente gratuíta, pero se tras o reaxuste o coche incrementa o seu consumo de gasóleo ou perde potencia tamén é posible pedir unha indemnización porque as características reais do vehículo non se corresponden coas ofertadas no momento da venta. Esta indemnización, sinalan dende o despacho, podería ir dende o abono dunha cantidade polos danos causados á devolución do importe do automóbil en función da súa antigüidade ou mesmo a substitución por un novo.

“Estamos comezando con esta aplicación e dándoa a coñecer. Se logo os afectados queren que os orientemos, mellor, pero a nosa intención primeira é facilitarlles un trámite complicado aos propietarios dos coches, porque os servizos telefónicos para conseguir información están bloqueados“, reitera Barco, que mesmo pensa que o escándalo traerá unha futura “avalancha” nos xulgados. A propia marca recoñeceu estar desbordada polas reclamacións dos seus clientes.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.