O cacahuete, o altramuz e a soia son consideradas legumes alimenticios.

O cacahuete, o altramuz e a soia son consideradas legumes alimenticios.

Alimentos comúns que non sabías que eran legumes

O cacahuete, o chícharo de raposo e a soia son considerados legumes alimenticios

Os legumes, xunto cos cereais e algunhas froitas, foron a base da alimentación humana durante séculos. Son un alimento sinxelo de almacenar e que se conserva durante longo tempo, conteñen unhas propiedades nutritivas excepcionais e proporcionan unhas proteínas difíciles de obter en tempos de escaseza.

Estes froitos pertencen ao gran grupo das plantas leguminosas (familia Fabaceae) e, a pesar do gran número de especies que compoñen esta familia, as utilizadas para a alimentación humana e do gando son relativamente poucas. Tendemos a englobar as fabas, garavanzos ou as lentellas dentro deste grupo alimenticio. Con todo, existen outros legumes de consumo habitual que pertencen tamén á familia Fabaeceae.

CHÍCHARO DE RAPOSO (Lupinus albus)

Altramuces.

Altramuces.

O chícharo de raposo, lupín ou lupino é un legume de forma redondeada e bastante plano, a súa pel é lisa e de cor amarelada. Presenta ademais un intenso sabor amargo debido a uns compoñentes que se chaman alcaloides.

Os froitos do tremoceiro (coñecido en castelán como altramuz e como tremosos en portugués) destacan polo seu rico contido proteico, son valiosos polos seus niveis de fibra e carbohidratos e porque na súa composición se inclúen sustancias como os polifenoles. Se se comparan con outros legumes, os chícharos de raposo achegan máis calorías porque teñen maior cantidade de graxa na súa composición. Os legumes adoitan ter entre un 1% e un 6% de graxa, mentres que os chícharos bravos (outra das súas denominacións) conteñen preto dun 15%.

Tradicionalmente é moi consumido no Mediterráneo desde hai moitos séculos. O chícharo de raposo é un bo substituto para as persoas que non poden tomar soia ou simplemente que queren consumir outra proteína vexetal ou legume diferente. Para os agricultores é tamén unha solución cando só teñen terreos pobres ou demasiado ácidos xa que este legume crece moi ben neste tipo de leiras.

SOIA (Glycine max)

Soia.

Soia.

A soia é unha planta da familia das leguminosas empregouse tradicionalmente para elaborar aceite ou alimentos como leite, tofu ou brotes de soia, e o seu consumo popularizouse tamén nos países occidentais nos últimos 20 anos, onde os expertos chegaron a definir a soia como un dos alimentos máis completos que existen.

É un legume particularmente nutritivo xa que contén unha elevada porcentaxe de proteínas: case 37 g de proteínas por cada 100 g de soia. É dicir, contén o dobre de proteínas que a carne e 4 veces as proteínas do leite.

Nos países de Oriente a soia formou parte da dieta da poboación durante milenios, xa que a consideraban un alimento cun alto valor nutricional e con propiedades para previr enfermidades. En China, onde foi descuberta, formaba parte das cinco sementes sacras creadas polos deuses.

CACAHUETE (Arachis hypogaea)

Cacahuetes.

Cacahuetes.

O cacahuete ou maní é unha planta da familia das fabáceas cuxos froitos, de tipo legume, conteñen sementes aprezadas na gastronomía.

Provén dunha planta chamada “arachis hypogaea“, nativa de Brasil. Esta planta, na actualidade, atópase en varios países de todo o mundo, fundamentalmente aqueles de clima cálido.

As súas sementes son amplamente utilizadas na industria alimentaria que prepara cacahuetes asados, pelados e salgados, e tamén para a produción de aceite vexetal e manteiga de maní.

Os cacahuetes son ricos en sales minerais, vitaminas, proteínas e fibras: conteñen, por exemplo, grandes cantidades de magnesio, ferro, zinc, fósforo, potasio, cobre, calcio, manganeso e sodio, así como vitamina E, J. Ademáis, os cacahuetes son considerados como os froitos secos que máis vitamina B3 e ácido fólico posúen, sendo á vez moi rico en proteínas, xa que 50 gramos cobren a cuarta parte das necesidades diarias. Isto fai que os cacahuetes sexan axeitados para as persoas con deficiencias que sofren de fatiga crónica ou mesmo para deportistas e embarazadas.

Con todo, non debemos esquecer tampouco de que é unha valiosa fonte de graxas monoinsaturadas (aproximadamente un 58%), así como graxas poliinsaturadas (26%).

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.