Sábado 20 Abril 2024

Comeza en Galicia a vacinación contra a pneumonía e a meninxite para maiores de 65 anos

Desde este luns, 3 de xullo, os centros de saúde e vacinación de Galicia xa administran a vacina antipneumocócica conxugada trecevalente, que prevén contra doenzas como a pneumonía ou a meninxite. Esta inmunización pasa a formar parte do novo calendario de vacinación para adultos que puxo en marcha a Consellería de Sanidade.

Deste xeito, recoméndase a toda a cidadanía galega nacida antes do 1 de xaneiro de 1952, é dicir, de 65 anos ou máis, que pida cita para recibir a dose. A cita pódese solicitar polos medios habituais nos centros de saúde.

Publicidade

O obxectivo da campaña, segundo explica o Sergas, é acadar unha cobertura do 60% nos maiores de 65 anos. Estímase que, grazas a esta medida, poderían rexistrarse ata 2.600 casos menos nun prazo de cinco anos e unha redución de 1.400 ingresos no mesmo período.

Galicia é a cuarta rexión do Estado en poñer en marcha a vacinación antipneumocócica conxugada trecevalente, despois de Madrid, Castela e León, A Rioxa, e a cidade autónoma de Melilla.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da Academia

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

▪️ Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204