Xoves 25 Abril 2024

Investigadores da USC, elixidos para un proxecto europeo de fármacos contra a trombose

Investigadores dos grupos de Proteómica de Plaquetas e Biofarma do CiMUS da USC e do IDIS participarán nun proxecto europeo que acaba de ser concedido para desenvolver novos fármacos antitrombóticos capaces de inhibir as plaquetas sanguíneas.

No proxecto participarán tamén institucións e empresas do Reino Unido, Alemaña e Holanda, aglutinando aos investigadores máis relevantes no campo da investigación plaquetaria e que ten unha dotación de cerca de catro millóns de euros. O investigador principal da USC é o profesor Ángel García Alonso, que tamén é presidente da Sociedade Española de Proteómica e investigador do CiMUS e do IDIS.

Publicidade

Ángel García Alonso, profesor da USC e presidente da Sociedade Española de Proteómica Foto: USC
Ángel García Alonso, profesor da USC e presidente da Sociedade Española de Proteómica
Foto: USC.

As plaquetas son células sen núcleo que se activan no momento en que se produce unha ferida, contribuíndo a formación dun coágulo que evita a perda de sangue. Non obstante, en circunstancias patolóxicas as plaquetas pódense activar negativamente, dando lugar as tromboses, que poden conducir a un infarto agudo de miocardio no caso das arterias coronarias.

Os pacientes en risco de trombose son tratados con fármacos que inhiben as plaquetas, pero moitos seguen a sufrir episodios desa doenza, de aí a necesidade de descubrir novos fármacos máis eficaces e seguros. “É precisamente esa necesidade a que intenta abordar este proxecto”, sinala Ángel García.

O profesor explica que arredor do proxecto crearase un programa de doutoramento europeo “que implicará o outorgamento de títulos dobres entre as universidades participantes”. Desta maneira formaránse un total de 15 doutorados que serán contratados a cargo do proxecto e que recibirán formación punteira nun campo interdisciplinar no que adquirirán coñecementos e habilidades “que os situarán nunha posición inmellorable para incorporarse profesionalmente ao mundo da investigación biomédica, tanto no sector académico como en empresas”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Este mecanismo dana a capa dos nervios en doenzas como a esclerose múltiple

O estudo realizado por un equipo de investigación do CiMUS publícase este venres na prestixiosa revista ‘Science Advances'

Nanotecnoloxía galega contra o tumor cerebral máis común

Un estudo da USC abre a porta a unha nova aproximación terapéutica que podería posibilitar un ensaio clínico nun prazo de tres anos

Un estudo constata o potencial da dieta atlántica para reducir o risco de síndrome metabólica

A investigación foi realizada polo IDIS e publicada na revista científica 'JAMA Network'

Yolanda Prezado: “Coa protonterapia erradicamos o 83% dos tumores en estudos preclínicos”

A científica galega referente en París incorpórase ao CiMUS para impulsar a investigación en Galicia da terapia con protóns